Lagwagon é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Goleta, ás aforas de Santa Barbara, California. O seu nome procede da vella furgoneta de xira do grupo, que pode verse na contraportada do seu álbum Trashed. A banda leva editados 7 álbums de estudio, un EP, un álbum ao vivo e un recompilatorio con baras-b e demos a través do selo Fat Wreck Chords.

Lagwagon
OrixeGoleta, California,
Período1990 - actualidade
Xénero(s)punk rock, skate punk
Selo(s) discográfico(s)Fat Wreck Chords
MembrosJoey Cape
Chris Flippin
Chris Rest
Joe Raposo
Dave Raun
Antigos membrosShawn Dewey
Derrick Plourde
Ken Stringfellow
Jesse Buglione
Artistas relacionadosRich Kids on LSD, No Use for a Name, False Alarm, Bad Astronaut, Me First and the Gimme Gimmes, The Playing Favorites, Versus The World, Ten Foot Pole
Na rede
http://www.lagwagon.com/
IMDB: nm3082502 Facebook: lagwagon Twitter: lagwagon MySpace: lagwagon Bandcamp: lagwagon Spotify: 66riGCPfih1Xqk81dDvpvf Last fm: Lagwagon Musicbrainz: c7788fba-e635-4d8b-a937-01a68ab154e3 Songkick: 51045 Discogs: 253308 Allmusic: mn0000780581 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A banda fundouse no ano 1990 co nome Section 8 e despois de asinar co selo de Fat Mike Fat Wreck Chords, Lagwagon editou o seu álbum de estrea, Duh, en 1992. Dous anos despois, o grupo editou Trashed, o seu segundo disco con Fat Wreck Chords, que resultou ser un grande éxito, levando á produción dun vídeo para o tema "Island of Shame". Durante ese tempo un feixe de bandas de punk, como Green Day, The Offspring e Rancid, conseguiran chegar ao gran público e a Lagwagon chegáronlle ofertas de grandes discográficas que rexeitou.

Hoss, o terceiro álbum da banda, foi editado o 21 de novembro de 1995. Despois do lanzamento e dunha extensiva xita por Europa, Australia e o Xapón, o guitarrista Shawn Dewey e o batería Derrick Plourde deixarían a banda, sendo substituídos por Ken Stringfellow (da banda The Posies) na guitarra e por Dave Raun (de RKL) na batería. Ken estaría pouco tempo en Lagwagon, e Dave pasaría a formar parte do grupo. Shawn Dewey tocou no proxecto paralelo Buckwild, que editaría dous álbums a través de Lobster Records, Beat Me Silly e Full Metal Overdrive, e realizaria dúas xiras europeas con Good Riddance e Ten Foot Pole.

Despois de dous álbums máis, Double Plaidinum e Let's Talk About Feelings, a banda entrou en hiato indefinido no ano 2000, debido a que os seus membros estaban traballando en proxectos paralelos. Lagwagon rexurdiu no 2002, e editou o seu sexto álbum de estudio, Blaze, o ano seguinte. No 2004 o seu líder Joey Cape lanzou un álbum compartido co vocalista de No Use for a Name Tony Sly, interpretando versións acústicas de temas de ambalasduas bandas. O 1 de novembro do 2005 Lagwagon publicou Resolve, que é unha homenaxe á vida de Derrick Plourde, o batería orixinal de Lagwagon e Bad Astronaut.

No ano 2008 Lagwagon lanzou un EP titulado I Think My Older Brother Used to Listen to Lagwagon. A pesar de que inicialmente se publicaron noticias de que a banda podería ter comezado a gravar o seu seguinte traballo no ano 2009, Lagwagon entrou en hiato novamente, debido a que Cape iniciou unha carreira en solitario, editando Bridge no 2008 e Doesn't Play Well with Others no 2010.

En xaneiro do 2010 Joey Cape anunciou durante unha entrevista coa revista Canada's Exclaim! que Jesse Buglione deixara Lagwagon, despois de estar na banda dende a súa fundación en 1990. Porén, Cape desmentiu os rumores sobre a disolución do grupo. Mentres que non estaba seguro sobre si Lagwagon lanzaría un novo disco ou comezaría outra gran xira, amosouse aberto a realizar concertos e gravar temas de Lagwagon esporadicamente. Posteriormente Jesse Buglione confirmou a súa saída nunha mensaxe no foro oficial da banda.

Lagwagon xirou por Europa con No Use for a Name no verán do 2010. Dentro desta xira fixeron escala no Resurrection Fest de Viveiro, onde tocaron o día 31 de xullo. Nunha entrevista a Joey Cape, este revelou que o novo baixista do grupo é Joe Raposo, ex-membro de RKL.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Duh 1992 Fat Wreck Chords
Trashed 1994 Fat Wreck Chords
Hoss 1995 Fat Wreck Chords
Double Plaidinum 1997 Fat Wreck Chords
Let's Talk About Feelings 1998 Fat Wreck Chords
Blaze 2003 Fat Wreck Chords
Resolve 2005 Fat Wreck Chords
Hang 2014 Fat Wreck Chords
Railer 2019 Fat Wreck Chords

EPs editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar