Lagoa de Cospeito

Coordenadas: 43°14′33″N 7°33′12″O / 43.24242, -7.55343

Lagoa de Cospeito
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, Reserva da Biosfera
Ano de constitución: Parga-Ladra-Támoga (2004), Terras do Miño (2002)
Superficie: 16,9 hectáreas: 5,69 ha a lagoa central e 11,21 a lagoa periférica
Lexislación:
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Cospeito
Ríos: Guisande
Picos
Direccións de interese: Lagoa situada na localidade da Feira do Monte
Teléfonos:

A lagoa de Cospeito é unha zona húmida permanente situada no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo.

Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga[1][2] e forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"[1].

Características editar

 
Vista aérea da lagoa en 2015.

É un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.

Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.

Flora e fauna editar

Nesta zona húmida existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.

Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 
  2. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar