Lagoa da Frouxeira

zona húmida en Valdoviño

Coordenadas: 43°36′10″N 8°09′22″O / 43.6028, -8.1562

A lagoa da Frouxeira é unha zona húmida do concello de Valdoviño. Localízase ao pé da praia da Frouxeira, na parroquia de Lago, dando orixe ao nome da parroquia. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Como Lagoa e areal de Valdoviño é considerada Zona húmida de importancia internacional pola Convención de Ramsar (Zona húmida de Importancia Internacional). Ademais foi declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA),[1] é lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra) e está incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.[2]

Vista da praia da Frouxeira e no fondo, á dereita, a lagoa da Frouxeira.
Vista aérea no 2014.


Anualmente a Xunta de Galicia procede a abrir a canle que vai da lagoa ao océano para previr inundacións nas vivendas da zona[3].

Notas editar

  1. "Presentación - CMAOT". cmatv.xunta.gal. Consultado o 2019-05-08. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de setembro de 2019. Consultado o 08 de maio de 2019. 
  3. Medio Ambiente procede a la apertura del canal de desagüe de la laguna. diariodeferrol.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar