Lago de Neuchâtel

O lago de Neuchâtel (en alemán Neuenburgersee; en francés Lac de Neuchâtel) é cunha superficie de 217,9 km² o lago máis grande enteiramente suízo.

Xeografía editar

O lago está rodeado polos cantóns de Vaud, Neuchâtel, Berna e Friburgo.

Os seus principais afluentes son o río Thielle e a canle de la Broye que o une co lago de Morat. Este serve como cunca de compensación para as augas do río Aar, que chegan ao lago de Biena. Aínda que se este último crecese demasiado, a saída de auga pararíase e poderíase reverter o proceso.

O lago de Neuchâtel mide 38,3 km de longo e unha anchura máxima de 8,2 km. A profundidade máxima é de 152 m e a súa capacidade está estimada en 14 km³.

Actividades editar

Numerosas viñas atópanse ás beiras do lago. Atopamos chasselas e pinot noir cos cales se fai o viño avermellado chamado Œil-de-Perdrix.

O turismo é igualmente importante na rexión, pero está sobre todo concentrado nas grandes cidades que rodean o lago.