Lago Cocibolca

Lago de auga doce en Nicaragua

O Lago Cocibolca (vocábulo que quere dicir 'o mar doce'), tamén chamado Lago de Nicaragua, é un lago de auga doce. Está situado en Nicaragua, Centroamérica. A súa extensión é de 8.624 km².

O impoluto lago de Nicaragua posúe máis de 400 illotes, tres illas, dous volcáns e especies únicas.

É o terceiro lago de América Latina despois do Lago de Maracaibo en Venezuela e o Lago Titicaca (de tamaño parecido) entre Bolivia e o Perú.

Alberga as únicas quenllas de auga doce do mundo.

O río San Juan conecta o lago co mar Caribe.

A cidade de Granada e o volcán Mombacho encóntrase na beira do lago.

O lago ten máis de catrocentos illotes se se inclúen os Illotes de Granada e o Arquipélago de Solentiname, dúas illas grandes que son a Illa de Zapatera e a Illa de Ometepe. Nesta última encontramos dous volcáns, un deles activo, que son o Volcán Maderas -un santuario de flora e fauna- e o Volcán Concepción.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.