Lady and the Tramp

filme de animación estadounidense de 1955

Lady and the Tramp é un filme de animación de comedia musical romántico estadounidense do ano 1955 producido por Walt Disney e estreado o 22 de xuño de 1955. O décimo quinto filme na serie de clásicos animados de Disney, foi o primeiro en ser rodado no proceso CinemaScope.[2] Baseado en Happy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene, Lady and the Tramp conta a historia dunha cadela da raza cocker spaniel americano chamada Lady que vive no fogar dunha familia rica, e un masculino can mestizo da rúa chamado Tramp. Cando os dous cans se atopan, eles embarcan moitas aventuras románticas. Unha secuela estreada en vídeo, Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure, foi estreada no 2001.[3]

Lady and the Tramp
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLady and the Tramp
DirectorClyde Geronimi
Wilfred Jackson
Hamilton Luske
ProdutorWalt Disney
GuiónErdman Penner
Joe Rinaldi
Ralph Wright
Don DaGradi
Baseado enHappy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene
IntérpretesPeggy Lee
Barbara Luddy
Larry Roberts
Verna Felton
Bill Thompson
Bill Baucom
MúsicaOliver Wallace
MontaxeDon Halliday
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraBuena Vista Distribution
Estrea1955
Duración75 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento$4 000 000[1]
Recadación$93 602 326[1]
Filme seguinteLady and the Tramp II: Scamp's Adventure
Na rede
https://movies.disney.com/lady-and-the-tramp
IMDB: tt0048280 Filmaffinity: 886546 Allocine: 139 Rottentomatoes: m/lady_and_the_tramp Mojo: ladyandthetramp Allmovie: v28038 TCM: 80607 Metacritic: movie/lady-and-the-tramp TV.com: movies/lady-and-the-tramp Netlix: 680728Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Lady é unha fermosa cadela de pura raza que vive feliz no seu fogar. Os seus donos mímana moito e ela corresponde moi leda ós seus coidados. Porén, o día no que os seus donos deciden facer unha viaxe, a vida de Lady vese alterada; a chegada da tía Sarah cos seus gatos non provoca máis que sobresaltos. Menos mal que coñece a Tramp, un can da rúa moi galán.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1955: Premios David di Donatello: Mellor produción estranxeira.
  • 1955: BAFTA: Nomeado a mellor filme de animación.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Lady and the Tramp". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  2. Finch, Christopher (2004). "Chapter 8: Interruption and Innovations". The Art of Walt Disney. pp. 234–244. ISBN 0-8109-2702-0. 
  3. "Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure (Video 2001)". Internet Movie Database. Consultado o 2 de abril de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar