Lady Bird (filme)

filme de 2017 dirixido por Greta Gerwig

Lady Bird é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Greta Gerwig. Está protagonizado por Saoirse Ronan, Laurie Metcalf, Tracy Letts, Lucas Hedges, Timothée Chalamet, Beanie Feldstein, Stephen McKinley Henderson e Lois Smith. Ambientado en Sacramento, California, en 2002, é unha historia de crecemento e evolución persoal e a turbulenta relación da protagonista coa súa nai.

Lady Bird
Ficha técnica
Título orixinalLady Bird
DirectorGreta Gerwig
Produtor
GuiónGreta Gerwig
Intérpretes
MúsicaJon Brion
FotografíaSam Levy
MontaxeNick Houy
Estudio
Distribuidora
EstreaTelluride: 1 de setembro de 2017
Duración93 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia e drama
Orzamento$10 000 000[1]
Recadación$76 900 000[2]
Na rede
http://ladybird.movie/
IMDB: tt4925292 Filmaffinity: 600146 Allocine: 32941 Rottentomatoes: m/lady_bird Mojo: ladybird Allmovie: v650544 TCM: 2134439 Metacritic: movie/lady-bird
Facebook: ladybirdmovie Twitter: LadyBirdMovie Instagram: ladybirdmovie Netlix: 80205227Editar o valor em Wikidata

Lady Bird estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 1 de setembro de 2017, e foi estreado nos Estados Unidos o 3 de novembro de 2017 por A24. A crítica louvou o guión, a dirección e as interpretacións de Ronan e Metcalf. Tivo unha recadación de máis de $76 millóns sobre un orzamento de $10 millóns.

O filme foi amplamente aclamado pola crítica,[3] e foi escollido polas revistas National Board of Review, o American Film Institute e Time como un dos mellores dez filmes do ano.[4][5][6] Na 90ª edición dos Óscar, tivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor filme, mellor actriz (para Ronan), mellor actriz secundaria (para Metcalf), mellor guión orixinal e mellor director. Nos Globos de Ouro, Lady Bird gañou dous premios, mellor película - Comedia ou musical e mellor actriz – comedia ou musical (para Ronan) e foi nomeado a dous máis. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Galuppo, Mia (10 de novembro de 2017). "'Lady Bird': How Greta Gerwig Re-created 2002 to Tell Her Coming-of-Age Story". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  2. "Lady Bird (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. Guerrasio, Jason (11 de decembro de 2017). Business Insider, ed. "Why you need to see 'Lady Bird' — the best-reviewed movie of all time on Rotten Tomatoes". Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  4. "AFI Awards 2017". AFI. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2017. 
  5. National Board of Review, ed. (28 de novembro de 2017). "National Board of Review Announces 2017 Award Winners". Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  6. Zacharek, Stephanie (7 de decembro de 2017). Time, ed. "The Top 10 Movies of 2017". Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  7. Terry Gross (16 de novembro de 2017). "Greta Gerwig Explores Mother-Daughter Love (And Angst) In 'Lady Bird'". Consultado o 26 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar