Lacrosse (satélites)

Lacrosse ou Onyx é o nome dunha serie de satélites de recoñecemento mediante radar dos Estados Unidos.[1][2]

Un Lacrosse en proceso de montaxe.

Características editar

Os satélites Lacrosse foron fabricados por Martin Marietta (logo parte de Lockheed Martin) e eran operados pola Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Usaban un siste de radar de apertura sintética (SAR, en inglés) para cartografar o terreo, posiblemente cunha resolución de 1 metro ou mellor. O programa Lacrosse foi aprobado en 1983 e antes do lanzamento do primeiro satélite foi renomeado a Onyx. Os satélites eran lanzados baixo a denominación Programa 3100 e usaban unha grande antena de radar e paneis solares para xerar potencia eléctrica.[1][2]

Lanzáronse cinco satélites Lacrosse, todos con éxito. O programa rematou despois do lanzamento da quinta unidade e foi continuado polos satélites Topaz.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Onyx 1 2 de decembro de 1988 Transbordador espacial (misión STS-27) Éxito
Onyx 2 8 de marzo de 1991 Titan 4 Éxito
Onyx 3 24 de outubro de 1997 Titan 4 Éxito
Onyx 4 17 de agosto de 2000 Titan 4 Éxito
Onyx 5 30 de abril de 2005 Titan 4 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Lacrosse satellite" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Onyx 1, 2, 3, 4, 5 (Lacrosse 1, 2, 3, 4, 5)" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar