La pell de brau é un libro de poemas de Salvador Espriu publicado en 1960.[1]

La pell de brau
Autor/aSalvador Espriu
OrixeCataluña Cataluña
Linguacatalán
Tema(s)Realidade social
Xénero(s)Poesía
Data de pub.1960
ISBNISBN 8429739548
Seguido por'
editar datos en Wikidata ]

Publicación editar

Foi escrito entre xuño do 1957 en Arenys de Mar e xullo do 1958 en Barcelona. Finalmente fou publicado por Els Llibres de la Lletra d'Or o mes de abril de 1960. Foi adicado ó escritor Carles Riba, falecido o ano anterior 1959. O libro foi reeditado en numerosas ocasións: no 1968 por Cuadernos para el diálogo, no 1977 e no 2010[2].

Obra editar

O libro iníciase cunha cita da Crónica do Gran Capitán. Tras dela atopamos un total 54 poemas. Pechándose o volume cunha cita do Libro de buen amor.[2] Trátase dunha alegoría crítica da España da posguerra e a súa intransixencia cos distintos pobos da Península Ibérica. Utiliza o mito de Sepharad, o lugar de orixe dos xudeus sefardís para referirse a España. Por mor do seu contido, é unha das obras máis populares e citadas do autor. Salvador Espriu converteuse, tras a publicación de La pell de brau, nun símbolo da loita contra o franquismo.[3]

En 2012, foi empregado pola Asemblea Nacional Catalá nun anuncio de vídeo da manifestación "de Cataluña, novo estado en Europa".[4]

Notas editar

  1. "La pell de brau". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. 2,0 2,1 Espriu, Salvador (Setembro de 2021). La pell de brau. Columna Edicions. ISBN 978-84-664-1265-0. 
  3. Amat, Jordi (21 de abril de 2010). "Salvador Espriu: La construcción de un símbolo". LA Vanguardia. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  4. ""Els homes no poden ser si no són lliures", l'espot de l'ANC per la Diada recita 'La pell de brau'". ara.cat. 28 de agosto de 2012. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar