La gazza ladra (en galego A pega ladra) é unha ópera semiseria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giovanni Gherardini e Louis-Charles Caigniez. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 31 de maio de 1817. A parte máis coñecida desta ópera é a súa abertura, na que destaca o uso de caixas.

La gazza ladra
A pega ladroa
Gioachino Rossini
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiovanni Gherardini
Fontes literariasLa pie voleuse (1815), obra de d'Aubigny e Caigniez.
Estrea31 de maio de 1817
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración3 horas
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraArchivio di Casa Ricordi, Milán
Personaxes

véxase Personaxes

Rossini foi famoso pola súa rapidez ao escribir, e La gazza ladra non foi unha excepción. Dise que o produtor tivo que pechar a Rossini nunha habitación o día anterior á estrea para que compuxera a abertura. Máis tarde, Rossini lanzou papeis a través dunha fiestra aos copistas, quen completaron as partes orquestrais.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, nas estatísticas de Operabase[1] aparece con só 6 representacións no período 2005-2010.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 31 de maio de 1817
Director: Alessandro Rolla
Fabrizio Vingradito (rico hacendado) baixo Vincenzo Botticelli
Lucia (dona de Frabrizio) mezzosoprano Marietta Castiglioni
Ninetta (sirvienta de Frabrizio) soprano Teresa Belloc-Giorgi
Giannetto (soldado, fillo de Fabrizio) tenor Savino Monelli
Fernando Villabella (soldado, pai de Ninetta) barítono Filippo Galli
Gottardo (o alcalde) baixo Antonio Ambrosi
Pippo (criado de Fabrizio) contralto Teresa Gallianis
Giorgio (axudante de Gottardo) baixo Paolo Rosignoli
Isacco (un vendedor ambulante) tenor Francesco Biscottini
Antonio (un carceleiro) tenor Francesco Biscottini
Ernesto (soldado, amigo de Fernando) baixo Alessandro De Angeli

Notas editar

  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.