La cambiale di matrimonio

La cambiale di matrimonio (en galego O contrato de matrimonio) é unha ópera buffa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Rossi. O libreto baseouse na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia, Il matrimonio per lettera de cambio (1807). Trátase da primeira ópera composta por Rossini e foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 3 de novembro de 1810.

La cambiale di matrimonio
O contrato de matrimonio
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGaetano Rossi
Fontes literariasBaseado na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia.
Estrea3 de novembro de 1810
Teatro da estreaTeatro San Moisè
Lugar da estreaVenecia
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraPerdida
Personaxes

Tobías Mill (baixo)
Fanny (soprano)
Edward Milfort tenor
Slook (baixo)
Norton (baixo)
Clarina (soprano)

Composta nuns poucos días cando tiña 18 anos, esta farsa buffa foi a primeira ópera profesional de Rossini, composta seguindo a moda da época, na que se estilaban moito estas pequenas óperas absurdas e cómicas. A abertura, escrita cando era estudante no Liceu Musicale en Boloña, é habitual no repertorio de concerto.[1]

Esta ópera case non se representa na actualidade. Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.

Representacións editar

A partitura chamou a atención dende o mesmo momento dos ensaios. A orquestra encargada de tocar quedou estrañada ao ver tal cúmulo de notas ata tal punto que chegaron a afirmara que aquilo era imposible de tocar porque non se entendería absolutamente nada. As óperas italianas precedentes non eran tan densas dende o punto de vista orquestral. Porén os ensaios seguiron adiante e finalmente a farsa foi estreada colleitando bos resultados.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 3 de novembro de 1810
(Director: -)
Tobías Mill (un comerciante inglés) baixo buffo Luigi Raffanelli
Fanny (filla de Tobías) soprano Rosa Morandi
Edward Milfort (pretendente de Fanny) tenor Tommaso Ricci
Slook (un comerciante canadense) baixo buffo Nicola De Grecis
Norton (empregado de Tobías) baixo Domenico Remolini
Clarina (doncella de Fanny) mezzosoprano Clementina Lanari

Argumento editar

Nunha cidade inglesa do século XVIII, un mercador local, Tobias Mill, recibe un contrato de matrimonio en branco dun home de negocios canadense, Mr. Slook, que ten intención de casar en Inglaterra. A pesar da sorpresa, Mill anuncia aos seus criados Norton e Clarina que pretende aceptar o contrato en favor da súa filla Fanny. Cando Fanny e o seu amante pobre Edward Milfort se decatan, Milfort promete loitar por ela. Slook chega a escena e vese sorprendido tanto pola elaborada recepción como pola prontitude con que Mill quere levar a cabo o matrimonio. Slook diríxese a Fanny nun dueto que pronto se expande cando Milfort se une ameazando a Slook fisicamente a non ser que abandone a cidade de inmediato.

Slook ofrece retirar a oferta, mais Mill séntese traizoado e o desafía a un duelo. Slook fai de Milfort o seu herdeiro, cédelle a Fanny e se prepara para deixar a cidade. Fanny e Milfort están agradecidos e Slook reláxase fumando unha pipa. Mill, que non sabe nada do acordo, irrompe en escena. Todo o asunto é aclarado e consecuentemente celebrado.

Orquestración editar

A partitura de Rossini foi escrita para pequena orquestra, composta por:

Para os recitativos:

Estrutura editar

  • Sinfonia
  • 1 Introduzione Non c'è il vecchio sussurrone (Norton, Clarina, Mill)
  • 2 Duetto Tornami a dir che m'ami (Edoardo, Fannì)
  • 3 Aria Grazie, grazie! (Slook)
  • 4 Terzetto Darei per sì bel fondo (Slook, Fannì, Edoardo)
  • 5 Aria Anch'io son giovane (Clarina)
  • 6 Duetto Dite presto dove sta (Mill, Slook)
  • 7 Recitativo e aria Vorrei spiegarvi il giubilo (Fannì)
  • 8 Finale Porterò così il cappello (Mill, Slook, Clarina, Fannì, Norton, Edoardo)

Notas editar

  1. Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3

Véxase tamén editar