La Voz de la Verdad

xornal de Lugo (1910-1937)

La Voz de la Verdad foi un xornal editado en Lugo entre 1910 e 1937.

La Voz de la Verdad
TipoDiario
CorBranco e negro
PropietarioEditorial Católica Lucense (dende 1921), Luís Sánchez Arrieta (dende 1930)
FundadorJunta Local de Acción Social Católica
Linguaespañol.
LocalidadeLugo
Na rede
Galiciana: 3928
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 3 de outubro de 1910[1] co subtítulo de Diario católico con censura eclesiástica, que cambiou por Diario católico antiliberal, e logo polo de Diario católico y antiliberal e a partir de 1920 cualifícase exclusivamente como Diario Católico.[1] De tendencia católica, xorde por iniciativa das Damas de la Buena Prensa e co apoio de Acción Social Católica, organismo do que se fai portavoz.

En 1921 foi adquirido pola Editorial Católica Lucense e publicouse baixo censura eclesiástica, como toda a prensa confesional. En 1930 mercárono particulares aída que posteriormente quedou como único propietario e director Luis Sánchez Arrieta.[2]. A maioría das novas que aparecen no xornal proceden da Agencia Católica de Prensa Asociada. Segue unha tradición antiliberal e tradicionalista e na II República, acabou converténdose no voceiro da CEDA.[3]

Foron os seus directores: Eugenio Zabala, Antonio Cedrón Grandas, Julio Pérez de Guerra, Ramón Robles Neira, Antonio Goyanes Pérez, Alfredo Lorenzo López, Jesús Cora Lira, Francisco Vázquez Saco, Luís Sánchez Arrieta, Fernando Pérez Barreiro e o derradeiro Xosé Trapero Pardo. Entre os seus redactores contouse Ramón Salgado Toimil, e entre os colaboradores, Francisco Varela Ouro.

Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1937 polas dificultades económicas derivadas da guerra civil, ao non poder conseguir papel para continuar coa publicación.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Teijeira (1997); p. 113
  2. 2,0 2,1 Teijeira (1997); p. 114
  3. Teijeira (1997), p. 117

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar