La Goulette en francés, حلق الوادي‎, Halq al Wadi en árabe, é o porto da cidade de Tunes, capital de Tunisia, situada a uns dez quilómetros ao suroeste, e durante séculos o principal porto do país.

Modelo:Xeografía políticaLa Goulette
Imaxe

Localización
Mapa
 36°49′09″N 10°18′23″L / 36.819111, 10.306377Coordenadas: 36°49′09″N 10°18′23″L / 36.819111, 10.306377
PaísTunisia
Subdivisões da Tunísia (pt) TraducirTúnis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Identificador descritivo
Código postal2060 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcommune-lagoulette.gov.tn Editar o valor em Wikidata
A Goleta en 2008.
La Goulette, Tunis, en 2004.

Ten unha poboación de 28 407 habitantes (2004), é a cabeza dunha conurbación formada pola La Goulette, Kheireddine e Le Kram, tres cidades continuas que van desde o porto cara ao norte até as denominadas Portas Púnicas, que levan a Cartago.

Etimoloxía editar

O nome da cidade deriva do nome árabe Halq al-Wādī que significa gola do río, a través da súa tradución italiana La Goletta. Unha gola é unha canle por onde entran os buques en certos portos, e fai referencia á canle de 28 metros de longo que comunica o lago de Tunes co mar aberto onde está situada a cidade.

Historia editar

 
Plano da fortaleza da Carraca no século XVI

‎Debido á súa situación xeográfica, A Goleta xogou ao longo dos séculos un papel militar importante. Ocupada polos turcos, foi conquistada en 1535 polo exército de Carlos I de España na chamada La Jornada de Túnez (Batalla de Tunes). A fortaleza da Carraca, que aínda existe hoxe en día, foi construída polos españois en tempos de Filipe II de España e ampliada pouco despois polos turcos, que reconquistaron a cidade en 1574.


O seu maior desenvolvemento produciuse desde mediados do século XVIII, como barrio, por extensión, da capital, coa chegada, primeiro modesta, de inmigrantes de Malta e Sicilia atraídos polas oportunidades de traballo no porto.

 
Plano da Goleta en 1942

En 1868 fírmase o Tratado da Goleta entre Tunes e Italia, e a partir de entón a inmigración italiana faise masiva, cambiando a fisionomía da cidade.

En poucos anos os italianos son maioría na cidade formando o barrio da Pequena Sicilia. Nun principio a poboación italiana viviu na indixencia, pero pouco a pouco as súas condicións foron mellorando, fundando unha Cámara de Comercio (1884), a Banca Siciliana, o xornal L'Unione e outras institucións culturais e asistenciais (teatros, cines, escolas, hospitais) dirixidas aos italianos.[1]

En 1964, cando o presidente Habib Bourguiba ordena a incautación dos bens dos estranxeiros, os italianos emprenden o camiño do exilio. Como só tiñan documentos franceses, non tiveron outra elección que a de buscar unha nova vida en Francia, onde se sumaron aos pés negros procedentes de Alxer.[2]

Ao principio porto comercial, pesqueiro, de recreo e de turismo, non lle quedan hoxe máis que funcións de porto pesqueiro e de porto para os cruceiros turísticos.

Na actualidade o porto de Rades cumpre as funcións de porto mercante. Na Goleta quedan os seus famosos restaurantes de peixes e a súa longa praia, o que a fai dela un destino favorito para as vacacións dos tunesinos.

Notas editar

  1. Sebag, Paul (1998): Tunis. Histoire d'une ville. París: L'Harmattan.
  2. A máis célebre dos italianos da Goleta é a actriz Claudia Cardinale, que naceu na cidade en 1938.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sebag, Paul (1988). Tunis: histoire d'une ville. Colección: Histoire et perspectives méditerranéennes (en francés). París: L'Harmattan. ISBN 9782738466105. 

Ligazóns externas editar