La Esfera foi unha revista ilustrada editada na cidade española de Madrid dende 1914 ata 1931.

«Amarantina» de Julio Romero de Torres
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
Categoríarevista ilustrada
Fundación3 de xaneiro de 1914
Primeira edición3 de xaneiro de 1914
Última edición17 de xaneiro de 1931
Desenvolvemento
CompañíaPrensa Gráfica
Circulación
Frecuenciasemanal
ISSN1577-0389
OCLC436702960
Na rede
HemBNE: 0003030059 HemBNE: 2959865 BVPH: 6102
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O seu primeiro número foi publicado o 3 de xaneiro de 1914.[1][2] Dirixida durante os seus dezasete anos de traxectoria polo malagueño Francisco Verdugo Landi,[3][4] foi editada polo grupo Prensa Gráfica,[5] ao que tamén pertenceron as revistas Mundo Gráfico, Nuevo Mundo e Por esos Mundos, chegando a empresa a acaparar o mercado.[6]

Sufriu a Primeira guerra mundial, a causa do encarecemento do prezo do papel, co que se viu obrigada a aumentar o custo da revista.[7] O último número de La Esfera publicouse o 17 de xaneiro de 1931,[2][8] coincidindo co cambio de goberno do xeneral Dámaso Berenguer por Juan Bautista Aznar-Cabañas, próximo á proclamación da Segunda República Española.[9]

Tratábase dunha revista cara,[8] cualificada mesmo como «de luxo»:[1] os seus primeiros números custaban 50 céntimos de peseta, que pasarían a ser 60 no ano 1917 para finalmente terminar vendéndose ao prezo dunha peseta a partir de 1920.[8] A revista contaba con excelentes ilustracións e gravados[8][10] e unha gran calidade de impresión.[8]

A publicación mexicana Novedades chegou a describir a La Esfera da seguinte maneira: «Este semanario figura á cabeza das publicacións gráficas de España e da América latina. É unha verdadeira marabilla artística, non superada por ningún dos máis fermosos xornais do mundo»,[4] segundo Jean-Michel Desvois sería «sen dúbida a mellor revista publicada en España, aínda que o seu prezo exorbitante».[11][12]

Colaboradores editar

 
Foto dunha escultura de Madariaga, publicada en La Esfera.

A revista contou con textos elaborados por autores como Miguel de Unamuno, Ramiro de Maeztu,[13] Jacinto Benavente, Emilia Pardo Bazán,[14] Ramón Pérez de Ayala,[15][16] Alberto Insúa,[17] Dionisio Pérez, José Francos Rodríguez,[18] José Francés ou José María Carretero Novillo.[19]

Entre o grupo de ilustradores contou con colaboracións de Salvador Bartolozzi, Isidro Fernández Fuentes «Gamonal», Ricardo Marín, Ricardo Verdugo Landi, Federico Ribas, Máximo Ramos, Rafael de Penagos,[20] Enrique Estévez Ochoa[21] ou Manuel Bujados.

Na parte fotográfica participaron Christian Franzen,[22] Antonio Cánovas del Castillo «Kaulak»,[23] Eduardo Vilaseca,[24] José Luís Demaría López «Campúa», Alfonso Sánchez García «Alfonso»,[25] Salazar,[26] Louis Hugelmann, Charles Trampus,[27] Eduardo Rodríguez Cabezas «Dubois», Federico Ballell, Alejandro Merletti, Adolf Mais Ginestà, Manuel Asenjo, Venancio Gombau (1861-1929), Antonio García (1835-1918),[28] Diego Pérez Romeu, José Pan Alberto «Panelberto» ou dous dos irmáns Calvache: Diego —finado en 1919— e Antonio.[29]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Dendle 1990, p. 13.
  2. 2,0 2,1 "La Esfera (Madrid. 1914)". Hemeroteca digital. Biblioteca Nacional de España. 
  3. Sánchez Vigil 2001, p. 135.
  4. 4,0 4,1 "Ha fallecido en Madrid Don Francisco Verdugo Landi". ABC (Sevilla) (17 329): 22. 13/3/1959. 
  5. Sánchez Vigil 2001, pp. 135-136.
  6. Sánchez Vigil 2001, p. 148.
  7. Sánchez Vigil 2001, pp. 149-150.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Friera 1986, p. 19.
  9. Sánchez Vigil 2001, pp. 157.
  10. Dendle 1990, p. 15.
  11. Almarza Burbano, María Elisa (decembro de 2009). "Francisco de Paula Aldana Montes (1870-1938): pintor e ilustrador malagueño (segunda parte)". Isla de Arriarán: revista cultural y científica (34): 269. ISSN 1133-6293. 
  12. Desvois 1996, pp. 343-344.
  13. Dendle 1990, p. 17.
  14. Friera 1986, p. 20.
  15. Dendle 1990, p. 14, 16, 17.
  16. Friera 1986, p. 22.
  17. Dendle 1990, p. 16.
  18. Dendle 1990, p. 14.
  19. Sánchez Vigil 2001, p. 175.
  20. Sánchez Vigil 2001, pp. 177-179.
  21. Fraguas, Rafael (1/2/2016). "El pintor del eterno femenino". El País. 
  22. Sánchez Vigil 2001, pp. 311-314.
  23. Sánchez Vigil 2001, pp. 314-328.
  24. Sánchez Vigil 2001, p. 270.
  25. Sánchez Vigil 2001, pp. 278-291.
  26. Sánchez Vigil 2001, pp. 273.
  27. Sánchez Vigil 2001, pp. 268-269.
  28. Sánchez Vigil 2001, pp. 292-301.
  29. Langa Nuño 2011, p. 229.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar