La Comédie humaine

La Comédie humaine (literalmente, A comedia humana) é un conxunto de obras de Honoré de Balzac de 137 obras que comprenden 95 novelas, ensaios realistas, fantásticos, ou filosóficos, pero tamén contos, ensaios, e 25 bosquexos de obras, reagrupados baixo o título Ébauches rattachées à la Comédie humaine (Esbozos ligados á Comedia humana), e 8 novelas de xuventude escritas entre 1822 e 1825 baixo diversos pseudónimos, obras que renegou, pero reeditados nos volumes I e II das Œuvres diverses (Obras varias) nas cales atópanse os xermes e os temas das obras da Comédie Humaine, Falthurne sendo considerado como a base de Séraphîta.

En formato DjVu.

A clasificación dos textos vai polos ámbitos sociais, polos lugares xeográficos, ou por categorías psicolóxicas (Scènes de la vie privée (Escenas da vida privada), Scènes de la vie de province (Escenas da vida de provincia)) reunidos en conxuntos xenéricos (Études de mœurs (Estudos de costumes), Études philosophiques (Estudos filosóficos), Études analytiques (Estudos analíticos)). A escritura do conxunto gradúase de 1829, cos Les Chouans, a 1850, coas obras inacabadas á súa morte e completadas por Charles Rabou: o Le Député d'Arcis (1854), os Les Petits bourgeois de Paris, (1856), o Le Comte de Sallenauve, (1856), e tamén os Les Paysans publicado en 1854 pola súa viúva, Évelyne Hanska.

"A idea veu dunha comparación entre a Humanidade e a Animalidade" [1]. A ambición do autor era de describir de modo case exhaustivo á sociedade que o rodeaba, construíndo así un edificio que poderia « facerlle competencia ao estado civil». Quería encerrar toda a súa época na súa Comedia humana. Non obstante, en 1837, o título que lle gusta para a súa obra é Estudos sociais, que logo converterase en Comedia humana en 1842, en referencia a A divina comedia de Dante.

Xénese editar

A idea de ligar entre eles os relatos facendo revivir os protagonistas de cada novela ou novela curta vénlle a Balzac en 1835 co Père Goriot onde se ve reaparecer por segunda vez o importante Eugène de Rastignac xa presentado en 1832 en Étude de femme e publicado entón baixo o título Une conversation entre onze heures et minuit inserido nos Contes bruns.

Notas editar

  1. En palabras de Balzac no limiar da edición de 1855 de A. Houssiaux : [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar