La Barceloneta

barrio de Barcelona

La Barceloneta é un barrio mariñeiro do distrito de Ciutat Vella de Barcelona construído durante o século XVIII e proxectado polo enxeñeiro Pròsper de Verboom a fin de dar cabida aos habitantes do barrio da Ribera que perderan as súas vivendas, mandadas demoler por Filipe V para construír a Ciutadella. A súa poboación é de 22.428 habitantes no censo feito durante o 2008.

Modelo:Xeografía políticaLa Barceloneta
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°22′46″N 2°11′21″L / 41.3794, 2.1892Coordenadas: 41°22′46″N 2°11′21″L / 41.3794, 2.1892
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Casco VelloCiutat Vella de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.274 (2023) Editar o valor em Wikidata (10.863,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie131,4 ha Editar o valor em Wikidata
Ben integrante do patrimonio cultural catalán
Id. IPAC40636 Editar o valor em Wikidata

O barrio da Barceloneta debe a súa existencia aos terreos que se gañaron ao mar ao absorber a Illa de Maians.

O barrio ten forma triangular e limita coas praias do barrio e o mar, co Peirao de España do Port Vell e co barrio da Ribera, a estación de França e o novo Port Olímpic da cidade. A estrutura urbanística do barrio é un bo exemplo do tipo de urbanismo do período da Ilustración, con rúas de trazado rectilíneo e illas de casas regulares. A tipoloxía de vivenda en orixe era o de viviendes unifamiliares de planta e piso con acceso a dúas rúas para que tivesen unha ventilación óptima. Co paso dos anos e a especulación, esta estrutura desapareceu e atopamos edificios con alturas moi superiores ás que se estableceron en orixe, ademais da partición das vivendas orixinais en metades e cuartos de piso.

Durante o século XIX tivo un importante desenvolvemento industrial con grandes fábricas hoxe desaparecidas como La Maquinista Terrestre y Marítima, convertidas na actualidade en pavillóns deportivos ou institucións educativas.

No centro do barrio atópase a igrexa de Sant Miquel del Port na praza da Barceloneta. En 1950 inaugurouse a Igrexa Evanxélica Bautista da Barceloneta, unha das máis importantes de Cataluña.

Desde xaneiro de 2008 atópase situada a sede central de Gas Natural, un edificio singular chamado Torre Marenostrum, obra dos arquitectos Benedetta Tagliabue e Enric Miralles.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar