A LPSN ou List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature é unha base de datos en liña que mantén e proporciona os nomes correctos (segundo a nomenclatura e taxonomía aceptadas) e información relativa aos procariotas de acordo co Código Internacional de Nomenclatura das Bacterias (ou Código Bacteriolóxico[1]), revisado desde 1997 ata xuño de 2013 por J. P. Euzéby.[2] Desde xullo de 2013, a LPSN é revisada por Aidan C. Parte.

Na LPSN a taxonomía de bacterias e arqueas é actualizada por medio da revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM).

LPSN está albergada nos servidores gandi.net localizados en Baltimore, USA.

O sitio web, ademais de manter o rexistro dos nomes taxonómicos actuais dos procariotas, ten varias fontes de referencias que explican os estándares mínimos para a descrición de novos taxons,[3][4] aclaracións sobre gramática latina e grega[5] e proporciona unha lista exhaustiva de coleccións de cultivos de todo o mundo que se dedican ao campo do cultivo de procariotas[6] e outros.

Notas editar

  1. LAPAGE (S.P.), SNEATH (P.H.A.), LESSEL (E.F.), SKERMAN (V.B.D.), SEELIGER (H.P.R.) and CLARK (W.A.): International Code of Nomenclature of Bacteria (1990 Revision). American Society for Microbiology, Washington, D.C., 1992.
  2. Euzeby, J. P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a Folder Available on the Internet". International Journal of Systematic Bacteriology 47 (2): 590–2. PMID 9103655. doi:10.1099/00207713-47-2-590. 
  3. Euzéby, J.P. "List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature; page on minimal standards". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2011. 
  4. Euzeby, J. P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a Folder Available on the Internet". International Journal of Systematic Bacteriology 47 (2): 590–592. PMID 9103655. doi:10.1099/00207713-47-2-590. 
  5. Trüper, HG (1996). "Help! Latin! How to avoid the most common mistakes while giving Latin names to newly discovered prokaryotes". Microbiologia 12 (3): 473–5. PMID 8897428. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  6. Euzéby, J.P. "List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature; page on collections". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar