A LNFA 1995 foi a primeira edición da Liga Nacional de Fútbol Americano. Creada pola nova Agrupación Española de Fútbol Americano (AEFA), a nova competición resolveu o problema de ter dúas competicións paralelas, a Supercopa que organizaba a federación catalá (LCFA) dende 1989 e a American Football League (AFL) organizada pola axencia de eventos deportivos Unipublic dende 1991.

Os primeiros clubs españois de fútbol americano naceron en Cataluña en 1988, sendo os Badalona Dracs os decanos deste deporte en España. En 1991 foi creada a World League of American Football, posteriormente chamada NFL Europe, que era unha liga de primavera para xogadores que estaban a proba polos equipos profesionais norteamericanos. Unha das franquías creadas para disputar esta competición foi o equipo dos Barcelona Dragons, que puxeron de moda este deporte en España nos anos 90. Neste contexto a nova competición nacional contou con 18 equipos participantes na súa primeira edición, nove deles que viñan da Supercopa catalá e outros nove que viñan da AFL.[1]

O torneo contou con dúas fases, a fase de liga regular e a fase de eliminatorias.

Liga regular editar

Os 18 equipos participantes quedaron divididos en dous grupos ou conferencias, denominadas Conferencia Nacional (cos 9 equipos que viñan da AFL) e Conferencia Española (cos 9 equipos que viñan da Supercopa).

A liga regular comezou o 14 de febreiro de 1995 e estivo formada por dez xornadas nas que cada equipo disputou nove encontros e tivo unha xornada de descanso.

Conferencia Nacional
Equipo Vitorias Derrotas Empates
  Panteras 8 1 0 Playoffs polo título/Cuartos de final
  Eagles 7 1 1
  Lions 6 2 1 Playoffs polo título/Wildcard
  Osos 5 4 0
  Camioneros 4 5 0
  Bats 4 5 0
  Knights 3 6 0
  Toros 3 6 0
  Tifons 0 9 0
Conferencia Española
Equipo Vitorias Derrotas Empates
  Boxers 9 0 0 Playoffs polo título/Cuartos de final
  Pioners 8 1 0
  Howlers 6 3 0 Playoffs polo título/Wildcard
  Drags 5 4 0
  Búfals 4 5 0
  Voltors 4 5 0
  Warriors 3 6 0
  Stormers 1 8 0
  Taurons 0 9 0

Eliminatorias editar

Wildcards (8/9 de abril)
  • Lions 35-12 Voltors
  • Howlers 58-16 Bats
  • Osos 38-31 Bufals
  • Drags 12-6 Camioneros
Cuartos de final (22/23 de abril)
  • Pioners 34-39 Lions
  • Boxers 31-12 Osos
  • Panteras 61-0 Drags
  • Eagles 20-30 Howlers
Semifinais (29/30 de maio)
  • Boxers 20-14 Howlers
  • Panteras 51-12 Lions
Final (14 de maio)
  • Panteras 55-13 Boxers

Notas editar

  1. Llega la liga de todos, artigo no Mundo Deportivo. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar