Lúa de papel

filme de 1973 dirixido por Peter Bogdanovich

Lúa de papel (en inglés: Paper Moon) é un filme estadounidense 1973 dirixido por Peter Bogdanovich a partir dun guión de Alvin Sargent baseado na novela Addie Pray de Joe David Brown. O filme, rodado en branco e negro, está ambientado en Kansas e Missouri durante a Gran Depresión. Está protagonizado por Ryan e Tatum O'Neal, pai e filla na vida real. Tatum O'Neal recibiu eloxios pola súa interpretación como Addie e gañou o Óscar á mellor actriz secundaria, converténdose na máis nova gañadora dun Óscar en categoría competitiva.

Lúa de papel
Ficha técnica
Título orixinalPaper Moon
DirectorPeter Bogdanovich
ProdutorFrank Marshall
Peter Bogdanovich
GuiónAlvin Sargent
Baseado enAddie Pray, de Joe David Brown
IntérpretesRyan O'Neal
Madeline Kahn
John Hillerman
Tatum O'Neal
FotografíaLászló Kovács
MontaxeVerna Fields
EstudioThe Directors Company
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea9 de abril de 1973
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento2,5 millóns de dólares[1]
Recadación30,9 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0070510 Filmaffinity: 422078 Allocine: 71577 Rottentomatoes: m/paper_moon Allmovie: v37203 TCM: 22449 Metacritic: movie/paper-moon TV.com: movies/paper-moon
Facebook: 361149563906290 Editar o valor em Wikidata

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 22 de miao de 1991.[3]

Argumento editar

En Gorham, Kansas, arredor de 1936, o estafador Moses Pray coñece a nena de nove anos Addie Loggins no servizo funerario da súa nai, e os veciños sospeitan que el é o pai de Addie. El négao, mais acepta levar a orfa a casa da súa tía en St. Joseph, Missouri.

Elenco editar

Notas editar

  1. Photos in 5 Minutes: 39 Bogdanovich, Clifford, Terry. Chicago Tribune (1963-Current file) [Chicago, Ill] 07 de xaneiro de 1973: i39.
  2. "Paper Moon, Box Office Information". The Numbers. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  3. Televisión
  4. "P.J. Johnson". IMDb. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  5. "Rose-Mary Rumbley". IMDb. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar