Línea Aérea Amaszonas

Línea Aérea Amaszonas S.A., normalmente acurtado a Amaszonas, é unha aeroliña boliviana con sede na Paz. Opera voos regulares e chárter de pasaxeiros de curto alcance domésticos ademais de voar cara ao Perú, Chile, Paraguai e a Arxentina.[1] O centro de conexións da súa rede atópase no aeroporto internacional El Alto.

Línea Aérea Amaszonas
IATA
Z8
OACI
AZN
Indicativo
AMASZONAS
Fundación1 de outubro de 1998
Inicio das operacións2000
Plan de voo frecuenteJet Class Miles
SubsidiariasAmaszonas Paraguay
Amaszonas Uruguay
Frota8
Destinos15[1]
Páxina web: https://www.amaszonas.com

Historia editar

A compañía fundouse o 1 de outubro de 1998, pero os voos comezaron no ano 2000.[2] Inicialmente Amaszonas operou vos chárter usando unha pequena frota de avións turbohélice dos modelos Cessna 208 Caravan e Fairchild Swearingen Metroliner.[3] No ano 2012, tras a desaparición de AeroSur, a aeroliña mercou cinco Bombardier CRJ200 a Avmax Aircraft Leasing Inc. co obxectivo de iniciar voos regulares de pasaxeiros.[4] O primeiro destes avións de 50 prazas foi posto en servizo a finais de agosto na ruta entre A Paz e Santa Cruz de la Sierra.[4]

En 2015 Amaszonas mercou a aeroliña uruguaia BQB Líneas Aéreas cinco días despois de que esta cesase as súas operacións. Dende o 4 de maio a aeroliña tomou o control das rutas que operaba BQB antes do seu peche.[5]

Frota editar

 
Bombardier CRJ200 de Amaszonas

En decembro de 2017 a frota de Amaszonas estaba formada polos seguintes avións:[6]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Bombardier CRJ200LR 7 50
DHC-8-200 1
Total 8

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Amaszonas (ed.). "Mapa de Rutas". Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  2. Aero Transport Data Bank (ed.). "Profile for: Amaszonas". Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  3. rzjets (ed.). "Amazonas". Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Volaspheric (ed.). "Bolivia gets new scheduled carrier". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  5. LaRed21 (ed.). "Amaszonas confirmó adquisición de BQB. Comenzará a operar el 4 de mayo". Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  6. Routes Online (ed.). "Amaszonas Fleet Details and History". Consultado o 22 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar