Unha lígula (do latín ligula) é unha excrecencia na xunción entre o limbo e o pecíolo, característica das gramíneas, a pesar de non todas presentaren esta estrutura. Pode asumir varias formas, mais xeralmente é unha membrana translúcida ou unha faixa tomentosa.

Lígula
Lígula

A forma, lonxitude e aspecto da orla da lígula son caracteres consistentes utilizados na diferención de xéneros e dalgunhas especies de plantas. Nas familias Cyperaceae e Juncaceae as lígulas están xeralmente ausentes ou pouco desenvolvidas. Algunhas especies de Selaginellaceae e Asteraceae teñen follas liguladas.

Outro significado de lígula é a dun tipo de pequena flor que forma parte da inflorescencia en capítulo das compostas (Asteraceae), con coroloas gamopétalas e cigomorfas, tridentadas ou quinquedentadas. Aparecen na periferia da inflorescencia ou en toda a inflorescencia, segundo a especie. Nalgunhas especies están acompañadas doutras floriñas chamadas flósculos.