Lídia Jorge

escritora portuguesa

Lidia Guerreiro Jorge, coñecida como Lídia Jorge, nada en Boliqueime (Algarve) o 18 de xuño de 1946, é unha escritora portuguesa.[1]

Infotaula de personaLídia Jorge

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Lídia Guerreiro Jorge Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Boliqueime, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblidiajorge.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: a94a0862-782e-4a28-8fab-b0fc9602fada Discogs: 2090253 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Lisboa e foi profesora de Ensino secundario, impartindo clase en Angola e Mozambique, durante o último período da Guerra colonial portuguesa.

A publicación da súa primeira novela O Dia dos Prodígios (1980) constituíu un acontecemento nun período no que se inauguraba unha nova etapa na Literatura Portuguesa. Pero foi con A Costa dos Murmúrios (1988)[2] libro que reflicte a experiencia colonial pasada en África, co que a autora confirmou o seu destacado lugar no panorama das letras portuguesas. Tras as novelas A Última Dona (1992) e O Jardim sem Limites (1995),[3] seguiu O Vale da Paixão (1998)[4] O tema da muller e da súa soidade é unha preocupación central da obra de Lídia Jorge.

Lídia Jorge publicou tamén dúas antoloxías de contos, Marido e Outros Contos (1997) e O Belo Adormecido (2003), ademais das publicacións independentes A Instrumentalina (1992) e O Conto do Nadador (1992).

As súas obras foron traducidas ao francés, inglés, alemán, esloveno, español etc, máis de vinte linguas.

A novela A Costa dos Murmúrios foi adaptada (2004) ao cinema por Margarida Cardoso.[5]

Colaboradora asidua do Jornal de Letras e do Público.

Obtivo o Premio Escritora Galega Universal concedido pola AELG no 2013.[6] En 2020 o Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.

Obras editar

Novelas:

  • O Dia dos Prodígios (1980). Pub. Europa-América. 206 páxs. Adaptado ao teatro en 2010 por Cucha Cavalheiro.
  • O Cais das Merendas (1982). Dom Quixote. 247 páxs. Narrativa poética, teatralizada.
  • Notícia da Cidade Silvestre (1984). Dom Quixote. Temática da muller, ambientado en Lisboa.
  • A Costa dos Murmúrios (1988). Dom Quixote. Obra central da autora, traducida a unha morea de idiomas.
  • A Última Dona (1992). Dom Quixtote. Obra intimista de perspectiva feminista.
  • O Jardim Sem Limites (1995). Dom Quixote. Novela urbana de Lisboa.
  • O Vale da Paixão (1998). Dom Quixote. 241 páxs.
  • O Vento Assobiando nas Gruas (2002). Dom Quixote, con 532 páxs. na versión orixinal. Ed. conmemorativa de Dom Quixote en 2012. Aborda a relación entre unha muller branca cun home africano e o seu comportamento perante unha sociedade de contrastes.[7]
  • Combateremos a Sombra (2007). Dom Quixote. A historia dun psicanalista e o seu paciente.
  • A Noite das Mulheres Cantoras (2011). Dom Quixote. Narrado en forma de monólogo 21 anos despois dos feitos.
  • Os Memoráveis (2014). Dom Quixote. Recreación da Revolución de abril de 1974. Traducida ao fránces como Les Mémorables, 2015.
  • Estuário (2018). Dom Quixote. 288 páxs.[8]
  • Em todos os sentidos (2020). Dom Quixote. 264 páxs.
  • Misericórdia (2022). Dom Quixote.

Relatos:

  • A Instrumentalina (1992). Dom Quixote. "Um conto breve faz um sonho longo", dise no libro.
  • O Conto do Nadador (1992). Dom Quixote.
  • Marido e outros Contos (1997). Dom Quixote. Sete contos.
  • O Belo Adormecido (2004). Dom Quixote. 241 páxs. Seis relatos sobre o desexo.
  • Praça de Londres. Cinco contos situados (2008). Dom Quixote.
  • O organista (2014). Dom Quixote. Fábula sobre a Creación do Universo e as relacións dos homes con Deus.
  • O Amor em Lobito Bay (2016). Dom Quixote. Relatos nos que está presente o amor.

Literatura Infantil:

  • O Grande Voo do Pardal ( 2007). Ilustrado por Inês de Oliveira. Dom Quixote. O amor, a compaixón, a liberdade, están presentes na historia.
  • Romance do Grande Gatão ( 2010). Ilustrado por Danuta Wojciechowska. Dom Quixote. Aventuras dun gato irreverente.
  • O Conto da Isabelinha - Lilibeth's Tale (2018). Dom Quixote. 32 páxs. En portugués e inglés.

Ensaio:

  • Contrato Sentimental (2009). Sextante.

Teatro:

  • A Maçon ( 1997). A vida de Adelaide Cabete, famosa masona de finais do século XIX. Foi levada a escena no Teatro Nacional Dona Maria II en 1997 por Carlos Avilez.
  • Instruções para Voar (2016). Dom Quixote.[9]

Poesia

  • O Livro das Tréguas (2019). Dom Quixote. Dividido en cinco partes: Com a Origem, com os Preceitos, com os Factos, com as Fábulas, com o Tempo.

Outros editar

  • A literatura é o prolongamento da infância (2016). Guerra & Paz. Diálogos con José Jorge Leiria.

Premios editar

  • 1981: Premio Malheiro Dias, Academia das Ciências de Lisboa
  • 1982: Premio Literario Cidade de Lisboa por O Cais das Merendas
  • 1984: Premio Literario Cidade de Lisboa por Notícia da Cidade Silvestre
  • 1988: Premio D. Dinis, Fundação Casa de Mateus por O Vale da Paixão
  • 1998: Premio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa por O Vale da Paixão
  • 1998: Premio Máxima de Literatura por O Vale da Paixão
  • 1998: Premio de Ficción do P.E.N. Clube Português por O Vale da Paixão
  • 2000: Premio Jean Monet de Literatura Europea, Escritor Europeo do Ano
  • 2002: Grande Prémio da Associação Portuguesa de Escritores por O Vento Assobiando nas Gruas
  • 2002: Premio Correntes d’Escritas por O Vento Assobiando nas Gruas
  • 2006: Albatroz, Premio Internacional de Literatura da Fundação Günter Grass polo conxunto da súa obra.
  • 2007: Grande Prémio da Sociedade Portuguesa de Autores, Millenium BCP
  • 2007: Premio Speciale Giuseppe Acerbi, Scrittura Femmenile
  • 2008: Premio Michel Brisset, da Associação dos Psiquiatras Franceses
  • 2011: Premio da Latinidade, João Neves da Fontoura, União Latina
  • 2014: Prémio Luso-Espanhol de Arte e Cultura
  • 2015: Premio Vergílio Ferreira
  • 2015: Premio Urbano Tavares Rodrigues
  • 2019: Grande Prémio de Literaura dst
  • 2020: Premio FIL de literatura en linguas romances por A costa dos murmúrios.[10]
  • 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[11]
  • 2023: Premio Médicis de mellor livro estranxeiro, ex aequo com Han Kang, por Misericordia.[12]

Notas editar

  1. Escritores.org. "Jorge, Lidia". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-05. 
  2. Cf. Antonio Maura, «La costa de los murmullos. Lídia Jorge» Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., ABC Literario, 10-6-1990. (en castelán)
  3. Cf. Mercedes Mommany, «Una casa frente al Tajo» Arquivado 24 de decembro de 2014 en Wayback Machine., ABC Cultural, 21-7-2001.
  4. Cf. íbidem.
  5. "A COSTA DOS MURMURIOS – Festival de Cine Africano" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 2020-04-05. 
  6. "A Vizinha Amada, Lídia Jorge escreve sobre a Galiza". Jornal visao (en portugués). Consultado o 2019-09-12. 
  7. "Lídia Jorge. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-05. 
  8. Ferreira, João Eduardo (terça-feira, 4 de dezembro de 2018). "de Roma a Londres: Sobre o livro «Estuário» de Lídia Jorge. Dom Quixote, 2018". de Roma a Londres (en portugués). Consultado o 2020-04-05. 
  9. "Instruções para Voar, Lídia Jorge • Entre I Vistas". Entre I Vistas (en portugués). Consultado o 2020-04-05. 
  10. "Lídia Jorge gana Premio FIL de Literatura en Lenguas Romances 2020". www.milenio.com (en castelán). Consultado o 2020-08-28. 
  11. "Premios Rosalía de Castro". 2020-12-11. 
  12. Dias, Daniel (2023-11-09). "Lídia Jorge vence prémio Médicis ex aequo com Han Kang". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2023-11-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gonçalves, Ilena Luís Candeias. Escritores Portugueses do Algarve. Edições Colibri, Lisboa, 2006.

Ligazóns externas editar