Léon Bakst
Lev Rosenberg, coñecido como Léon Bakst, nado en Hrodna en 1866 e finado en Rueil-Malmaison en 1924, foi un pintor escenógrafo ruso.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Лейб-Хаим Израилевич Розенберг 27 de xaneiro de 1866 (Xuliano) Hrodna |
Morte | 27 de decembro de 1924 (58 anos) Rueil-Malmaison (Terceira República Francesa) |
Lugar de sepultura | Cemitério de Batignolles (pt) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Léon Bakst |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Educación | Academia Julian (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintor , escenógrafo , debuxante , diseñador de vestuario , deseñador , artista gráfico |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato |
Profesores | Jean-Léon Gérôme |
Alumnos | Marc Chagall |
Lingua | Lingua rusa |
Familia | |
Fillos | André Bakst (pt) |
Premios | |
Traxectoria editar
Naceu nunha familia xudía de clase media, estudou na Acadmia de Artes de San Petersburgo, ao tempo que traballaba como ilustrador de libros.
Con motivo da súa primeira exhibición (1889) utilizou o nome de Bakst baseado no apelido da familia da avoa materna, Baxter. Entre 1893 e 1897 viviu en París, á súa volta a Rusia formou parte do círculo de escritores e artistas formado por Sergei Diagilev e Alexandre Benois que daría orixe ao periódico Mir Iskusstvat (1899) e o movemento artístico que se agrupaba tras del, as ilustracións de Bakst para o xornal déronlle fama.
Dende comezos do século XX realiza retratos, pero sobre todo se dedica á escenografía, colaborando con Diagilev na montaxe de balets rusos.