László Sólyom, nado en Pécs o 3 de xaneiro de 1942 e finado en Budapest o 8 de outubro de 2023, foi o presidente de Hungría entre 2005 e 2010, ao vencer a Katalin Szili, candidata do Partido Socialista Húngaro nas eleccións do 7 de xuño de 2005 e sucedendo o Ferenc Mádl.

Infotaula de personaSólyom László
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Pécs
Morte8 de outubro de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
]
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos

Presidente de Hungría
Período5 de agosto de 2005–5 de agosto de 2010
AntecesorFerenc Mádl
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pécs - ciencias do dereito (1960–1965)
Széchenyi István High School (en) Traducir (1956–1960) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias do dereito, Dereito constitucional, Dereitos humanos, personal rights (en) Traducir, política e dereito Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado
EmpregadorUniversidade Eötvös Loránd
Andrássy University Budapest (en) Traducir
Universidade de Jena
Pázmány Péter Catholic University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIndependente
Membro de
LinguaLingua húngara, lingua inglesa, lingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeErzsébet Nagy
ParentesJózsef Nagy (pt) Traducir (sogro) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nacido en Pécs, estudou Dereito, carreira que terminou en 1965. Convértese en profesor de Dereito Civil en 1983, na Universidade Eötvös Loránd. Nos anos 80 debuta en política como conselleiro xurídico para organizacións civís ambientais.

Convértese en presidente do Tribunal Constitucional en xullo de 1990. É fundador de Védegylet, unha organización non gobernamental, creada en 2000. Sólyom é doutor honoris causa pola Universidade de Colonia en Alemaña desde 1999.

Eleccións á presidencia editar

Na primeira volta da elección do novo presidente o 6 de xuño, László Sólyom só obtivo 13 votos contra 183 para a súa adversaria Katalin Szili. Katalin Szili non foi con todo nomeada presidenta porque non posuía a maioría de dous terzos (278) requirida. Os poucos votos recibidos por Sólyom na primeira volta explícanse pola abstención de 169 deputados de dereita.

Na segunda volta o 7 de xuño, Sólyom recibiu 185 votos contra 178 para Katalin Szili. Na terceira volta, non necesitando máis que unha maioría simple, Sólyom foi elixido con 189 votos contra 182 para Katalin Szili. O 5 de agosto, sucedeu o presidente saínte Ferenc Mádl.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Ferenc Mádl
Presidente de Hungría
2005 - 2010

 

Sucesor:
Pál Schmitt