Kristen Mary Houghton, nada en San Diego, California o 5 de novembro de 1955,[1] máis coñecida como Kris Jenner, é unha personalidade de televisión e empresaria estadounidense. Estivo casada con Robert Kardashian, con quen tivo catro fillos, ata que se divorciaron en 1990. De 1992 a 2014 estivo casada con Bruce Jenner, na actualidade Caitlyn Jenner, con quen tivo dúas fillas. Desde 2007 produce e ten un rol protagónico no reality show da súa familia: Keeping Up with the Kardashians.

Infotaula de personaKris Jenner

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Kris Houghton Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Kristen Mary Houghton Editar o valor em Wikidata
5 de novembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoNeerlando-americano (pt) Traducir, Anglo-americano (pt) Traducir, irlandoamericano e escocés-americano Editar o valor em Wikidata
EducaciónClairemont High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1.680 mm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCelebridade Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsocialité , auxiliar de voo , presentadora de televisión , autora , actriz , produtora de televisión , celebridade Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaFamília Kardashian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCaitlyn Jenner (1991–2015), divorcio
Robert Kardashian (1978–1991), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaCorey Gamble (en) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
FillosKim Kardashian
 () Robert Kardashian
Rob Kardashian
 () Robert Kardashian
Kendall Jenner
 () Caitlyn Jenner
Khloé Kardashian
 () Robert Kardashian
Kourtney Kardashian
 () Robert Kardashian
Kylie Jenner
 () Caitlyn Jenner Editar o valor em Wikidata
PaisRobert True Houghton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Jo Campbell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKaren Houghton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1728539 TV.com: people/kris-jenner
Facebook: KrisJenner Twitter: KrisJenner Instagram: krisjenner TikTok: krisjenner WikiTree: Houghton-1023 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Primeiros anos editar

Kristen medrou en University City, un suburbio de San Diego, e estudou en Clairemont High School. Ten dúas irmás, Karen e Sarah.

Primeiro matrimonio editar

Desde 1978 ata 1990 estivo casada co avogado Robert Kardashian (coñecido polo caso de O. J. Simpson, de quen era moi amigo), con quen tivo catro fillosː Kourtney Mary (1979), Kimberly Noel (1980), Khloé Alexandra (1984) e Robert Arthur (1987).

Por mor de dificultades matrimoniais, Kris pediu o divorcio en 1989. Robert Kardashian faleceu o 30 de setembro de 2003. Kris encárgase dos membros da familia.​ É coñecida por ser a produtora executiva e protagonizar o reality show Keeping Up with the Kardashians.

Segundo matrimonio editar

Kris e Bruce Jenner, actualmente Caitlyn Jenner, casaron o 21 de abril de 1991. Kris ten dúas fillas con Caitlyn, Kendall Nicole (1995) e Kylie Kristen (1997). Durante o seu matrimonio con Bruce foi madrasta dos catro fillos que el tivera nos seus dous matrimonios anteriores, Brandon, Brody, Burton e Cassandra.​ En setembro de 2014 deuse a coñecer que a parella estaba en trámites de divorcio, con todo, como non existía un acordo prenupcial en relación á súa fortuna calculada en 60 millóns de dólares, esta sería dividida entre ambos. Indicouse que a demanda de divorcio foi interposta por Kris Jenner por mor de diferenzas irreconciliables e, poucos meses despois, Bruce anunciou que se convertería en Caitlyn Jenner.

Noivado actual editar

Jenner mantén unha relación con Corey Gamble desde 2014.

Netos editar

  • O 14 de decembro de 2009 converteuse en avoa por primeira vez cando a súa filla máis vella, Kourtney, tivo o seu primeiro fillo, Mason Dash Disick.
  • O 8 de xullo de 2012 foi avoa por segunda vez, de Penelope Scotland Disick, segunda filla de Kourtney.
  • O 15 de xuño de 2013 foi avoa por terceira vez, de North West, primeira filla de Kim.
  • O 14 de decembro de 2014 nace o seu cuarto neto, Reign Aston Disick, terceiro fillo de Kourtney e Scott Disick.
  • O 5 de decembro de 2015 é avoa por quinta vez, de Saint West, segundo fillo de Kim.
  • No 11 de novembro de 2016 nace a súa sexta neta, Dream Renée Kardashian, filla de Robert e a súa exmoza Blac Chyna.
  • O 15 de xaneiro de 2018 nace a súa sétima neta, Chicago West, concibida por fecundación in vitro, terceira filla de Kim e Kanye West.
  • O 1 de febreiro de 2018 naceu Stormi Webster, a súa oitava neta, filla de Kylie e o seu noivo Travis Scott.
  • O 12 de abril de 2018 nace a súa novena neta, True Thompson, filla de Khloé e o seu exnoivo Tristan Thompson.

Notas editar