Kris Humphries

baloncestista estadounidense

Kris Nathan Humphries, nado o 6 de febreiro de 1985 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.

Kris Humphries
Axente libre
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 6 de febreiro de 1985 (39 anos)
Minnesota Minneapolis, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Hopkins (Minnetonka, Minnesota)
Universidade Minnesota (2003–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Utah Jazz
Carreira dende 2004
Historial de equipos
Utah Jazz (2004–2006)
Toronto Raptors (2006–2009)
Dallas Mavericks (2009–2010)
New Jersey / Brooklyn Nets (2010–2013)
Boston Celtics (2013–2014)
Washington Wizards (2014–2016)
Phoenix Suns (2016)
Atlanta Hawks (2016–2017)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Humphries foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Utah Jazz.[1] Xogou dúas tempadas en Utah, onde acadou 3.6 puntos e 2.7 rebotes por partido, en 11.6 minutos de xogo.[2]

O 8 de xuño de 2006, Humphries foi traspasado xunto con Robert Whaley aos Toronto Raptors a cambio de Rafael Araújo.[3] Na tempada 2006-07, tras un comezo frouxo no cal non recibiu moitos minutos do seu adestrador Sam Mitchell, Humphries demostrou ser un gran reboteador con moita enerxía, e contribuíu a que os Raptors conseguiran o primeiro título da División Atlántico da súa historia.[4] O 28 de marzo de 2007, capturou sete rebotes ofensivos en 27 minutos contra os Miami Heat, ambas marcas as maiores da tempada[5] e da súa carreira.[6] O 13 de abril de 2007, mellorou esas marcas na vitoria dos Raptors contra os Detroit Pistons, con nove rebotes ofensivos, e 18 rebotes totais.[7][8] Humphries rematou a súa primeira tempada cos Raptors con 3.1 rebotes por partido e cunha porcentaxe de tiros de campo dun 47%, con 3.8 puntos por partido.[2]

O 9 de xullo de 2009, Humphries, Shawn Marion e Nathan Jawai foron traspasados aos Dallas Mavericks como parte dun traspaso entre catro equipos: Raptors, Mavericks, Orlando Magic e Memphis Grizzlies.[9]

O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Humphries xunto a Shawne Williams aos New Jersey Nets para adquirir de novo a Eduardo Nájera.[10] O 27 de xaneiro de 2010, Humphries anotou 25 puntos, o máximo da súa carreira, contra Los Angeles Clippers.

A tempada 2010-11 foi unha gran tempada para Humphries, ao rematala acadando un dobre-dobre en puntos e rebotes.

Notas editar

  1. Kris Humphries Statistics Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., basketball-reference.com, consultado o 29 de abril de 2007.
  2. 2,0 2,1 Kris Humphries Info Page – Career Stats and Totals Arquivado 09 de marzo de 2011 en Wayback Machine., NBA.com, consultado o 29 de abril de 2007.
  3. Raptors Acquire Kris Humphries & Robert Whaley for Araujo, nba.com/raptors, 8 de xuño de 2006, consultado o 29 de abril de 2007.
  4. Campbell, Morgan, "Humphries, Jackson bring energy off Raptors' bench", thestar.com, 15 de abril de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
  5. Heat at Raptors Boxscore Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine., nba.com, 28 de marzo de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
  6. Arthur, Bruce, "Small Raptors come up big against Heat" Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine., canada.com, 29 de marzo de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
  7. Pistons at Raptors Boxscore Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine., nba.com, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
  8. Raptors Post Up, nba.com/raptors, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
  9. "MAVERICKS ACQUIRE FOUR-TIME ALL-STAR SHAWN MARION". NBA.com. 9 de xullo de 2009. Consultado o 9 de xullo de 2009. 
  10. "Nets Acquire Kris Humphries and Shawne Williams from Dallas". NBA.com. 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar