Kragujevac (en serbio: Крагујевац, Kragujevac.ogg escoitar ) é a cuarta cidade máis grande de Serbia despois de Belgrado, Novi Sad e Ninš, e o centro administrativo do Distrito de Šumadija. Está situada a beiras do río Lepenica. A cidade era coñecida como "Kraguyevca" ou "Karacofça" durante o dominio otomán.

Modelo:Xeografía políticaKragujevac
Крагујевац (sr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°00′51″N 20°56′22″L / 44.0142, 20.9394Coordenadas: 44°00′51″N 20°56′22″L / 44.0142, 20.9394
EstadoSerbia
Distritos da Sérvia (pt) TraducirDistrito de Sumadija (pt) Traducir
Município da Sérvia (pt) TraducirOpština Kragujevac (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación150.623 (2018) Editar o valor em Wikidata (174,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie865 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude180 m Editar o valor em Wikidata
Creación1476 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal34000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico34 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Suresnes
Nápoles
Bielsko-Biała
Verona
Carrara
Mostar
Xericó
Bat Yam (pt) Traducir
Pitești (pt) Traducir
Springfield (pt) Traducir
Trenčín (pt) Traducir
Karlovac (pt) Traducir (1968–)
Bydgoszcz (1971–)
Ohrid (1977–)
Ingolstadt (2003–)
Reggio Emilia (2004–)
Mahilioŭ (2006–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webkragujevac.rs Editar o valor em Wikidata

A pesar da súa fundación relativamente tardía (1476), Kragujevac foi pioneira en moitos aspectos. Foi a primeira capital da Serbia moderna (1818-1839), e a primeira constitución dos Balcáns proclamouse nesta cidade en 1835. Máis adiante, a primeira universidade de Dereito da recentemente independizada Serbia foi fundada en 1838, precedida pola primeira escola de gramática (Gimnazija), en 1833, así como o Teatro Nacional (1835) e a Academia Militar (1837).

Belgrado tomou a dianteira ao converterse na sede do trono en 1841. A Universidade de Kragujevac non se restableceu até 1976. A Kragujevac contemporánea é coñecida polas súas fábricas de armas, munición, e sobre todo a factoría de automóbiles Zastava, que produciu o popular "Jugo", e que alcanzou un acordo de adquisición por parte do Grupo Fiat en 2008.[1]

Nome editar

O nome da cidade deriva da palabra serbia "kraguj", que vén describir un tipo de "falcón", así que o seu nome pode interpretarse como "lugar de falcóns". Algúns mapas antigos mostran o nome como Krakow.

Historia editar

 
Arquitectura en Kragujevac.

Máis de 200 sitios arqueolóxicos na rexión de Šumadija confirman que os primeiros asentamentos humanos da rexión producíronse hai uns 40.000 anos, durante o Paleolítico. Kragujevac foi mencionada por primeira vez no período medieval, en relación cunha praza pública construída no asentamento, mentres que a primeira mención escrita da cidade foi nun documento turco de 1476. Esta mención referíase ao asentamento como "aldea de Kragujevdza".

A cidade comezou a prosperar despois da liberación de Serbia da dominación turca, en 1818, cando o príncipe Miloš Obrenović proclamouna capital do novo Principado de Serbia.[2] A primeira constitución serbia proclamouse aquí en 1835. A primeira lei sobre a imprenta foi aprobada tamén en Kragujevac en 1870, cando a prosperidade da cidade achegoulle a outras capitais europeas da época.

O punto de inflexión no seu desenvolvemento xeral foi en 1851, cando comezou a fundición para a produción de canóns, comezando unha nova era no desenvolvemento económico da cidade. A principal industria nos séculos XIX e XX foi a militar. Kragujevac converteuse nun dos maiores exportadores de Serbia en 1886, cando o eixo ferroviario Belgrado - Nis conectou a través de Kragujevac.

Durante a primeira guerra mundial, Kragujevac volveu ser a capital de Serbia entre 1914 e 1915, e a sede de moitas institucións estatais, incluso o mando supremo do exército serbio foi situado no edificio do Palacio de Xustiza. Durante a guerra, Kragujevac perdeu o 15% da súa poboación.

Masacre de Kragujevac editar

Durante a segunda guerra mundial, os nazis cometeron o masacre de Kragujevac, o asasinato sistemático de entre 6.000 e 8.000 persoas entre o 19 e o 21 de outubro de 1941, en represalia por un ataque partisano sobre soldados alemáns.[3] Entre os mortos houbo unha xeración enteira de nenos, sacados directamente da escola.[3] O monumento aos alumnos executados é un símbolo da cidade. Esta atrocidade inspirou un poema titulado "Krvava bajka" (conto de fadas sanguento), composto por Desanka Maksimović, un poeta serbio moi coñecido na ex Iugoslavia.

No período posterior á guerra, Kragujevac tivo un importante desenvolvemento industrial. As súas principais exportacións eran turismos, camións e vehículos industriais, armas de caza, cadeas industriais, coiro e téxtiles. A maior industria da cidade foi Zastava, que deu emprego a decenas de miles de iugoslavos. Esta factoría sufriu debido ás sancións económicas durante a era Milošević, e foi case destruída polos bombardeos da OTAN de 1999.[4] A pesar do acordo co fabricante italiano de automóbiles Fiat,[1] e a probable renovación da fábrica, a cidade sofre actualmente unha alta taxa de desemprego. Dende 1976, Kragujevac creceu como centro universitario. A Universidade de Kragujevac inclúe as facultades de Medicina, Enxeñaría, Dereito, Economía, Filoloxía, Arte, Ciencias naturais e Matemáticas.[5]

Municipios editar

Kragujevac está dividida en cinco municipios, que son os seguintes:

Demografía editar

Segundo o censo de 2002, a composición étnica dos habitantes da área urbana era a seguinte:

Grupos étnicos da área municipal (censo de 2002)
Grupo étnico Poboación
Serbios 170.147
Romaneses 1.154
Iugoslavos 401
Macedonios 326
Croatas 204
Musulmáns de nacionalidade 151
Outros 3.197
TOTAL 180.252

Edificios e monumentos editar

 
Porta principal da factoría de Zastava.
  • A Antiga igrexa da Vinda do Espírito Santo, construída en 1818, como parte da corte do Príncipe Miloš. O seu interior foi decorado entre 1818 e 1822. O campanario construíuse en 1907.
  • O Antigo Parlamento, construído no patio da igrexa na que se celebrou a reunión parlamentaria de 1859. Moitos eventos de grande importancia histórica, como a verificación da decisión do Congreso de Berlín sobre a independencia de Serbia, tiveron lugar alí. Despois de someterse á reconstrución en 1992, o edificio foi convertido en museo.
  • O Konak Amidža, mandado construír polo Príncipe Milo? en 1820 como casa residencial. É un dos mellores exemplos de arquitectura rexional de Serbia. Na actualidade alberga unha exposición do Museo Nacional.
  • O Konak Príncipe Miguel foi construído en 1860. A súa arquitectura baséase na tradición local con conceptos europeos. O edificio é agora o Museo Nacional.
  • O Gimnazija (Instituto) foi construído entre 1885 e 1887 segundo os planos do Ministerio de Enxeñaría Civil. É un dos edificios máis antigos da cidade deseñado nun estilo europeo, na tradición da Gimnazija máis antiga de Serbia desde 1833. Algúns famosos científicos de Serbia, artistas e políticos foron educados nesta escola.
  • O Parque memorial Šumarice, situado en Šumarice, conmemora os tráxicos acontecementos do 21 de outubro de 1941.
  • O Museo de Zastava, que se atopa dentro da fundición de armas antigas e exhibe a historia do desenvolvemento industrial da cidade.

Cidades irmandadas editar

As cidades irmandadas con Kragujevac, e as súas datas de emparellamento son as seguintes:[6]

Nativos soados editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Fiat Group Automobiles SPA acquires Kragujevac Zastava (pending)". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2010. 
  2. "Historia de Kragujevac. Páxina oficial da Cidade de Kragujevac". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "The Kragujevac massacre". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2010. 
  4. Fiat leads race for acquiring Serbian Zastava
  5. "Faculties". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2010. 
  6. "Kragujevac Twin Citys". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 01 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar