A illa Kolgüev (En ruso: Колгуев, transliteración: kol-gu-ev, nótese a diérese no nome) é unha illa no Okrug Autónomo de Nenets, Rusia, localizada no sueste do Mar de Barents, ó leste do Mar de Pechora, e cara ó nordés da Península de Kanin.[1] A illa é aproximadamente circular e ten un diámetro de 80 km e uns 4.968 km² de superficie. O punto máis alto da illa ten 50 m[2] de altura. A maioría da superficie consiste en varios pantanos e outeiros feitos de morena cubertos da vexetación característica da tundra.

Kolgüev
Колгуев
Situación
PaísRusia Rusia
DistritoDistrito Autónomo de Nenetsia
MarMar de Barents, océano Ártico
Coordenadas69°01′N 49°22′L / 69.017, -49.367Coordenadas: 69°01′N 49°22′L / 69.017, -49.367
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie4.968 km²
Longura máxima94 km.
Largura máxima80 km.
Punto máis alto166 m. (Gora Paarkov-Sarlopy)
Demografía
CapitalBugrino
Poboación300 hab.

Hai un só punto habitado na illa, Bugrino, na costa do sueste con 200 habitantes. Os Nenets forman a maioría da poboación, sendo a as súas actividades principais a pesca, as granxas de renos e como cazadores trampeiros. Tamén hai petróleo e gas.[3]

Informe de Trevor-Battye editar

A illa foi explorada no ano 1894 polo naturista Británico Aubyn B.R. Trevor-Battye. Desembarcou en xuño cun axudante, coa intención de quedar sobre un mes estudando a vida salvaxe da illa, especialmente os paxaros. Debido a problemas mecánicos co barco e a un malentendido, foron deixados na illa unhas 12 semanas. Publicou o seu estudo da historia natural e topografía de Koguev co título: "Ice-bound on Kolguev" (Atrapado polo xeo en Kolguev). (Trevor-Battye 1895). O libro inclúe observacións sobre o pobo dos Nenets (os cales el chamou Samoiedos) que levaban os seus renos á illa para pastar durante o verán e para cazar gansos e comerciar con eles na Rusia.[4] Parece ser que Trevor-Battye deixou a illa con estes pastores de renos en setembro de 1894, e viaxou unhas 1.000 millas por terra dende o Río Pechora ata Arkangel. Describiu esta aventura no libro: "A northern highway of the Tsar" (Trevor-Battye 1898)[5] (Unha autoestrada do norte do Tsar).

Galería editar

 
Illa Kolguyev. Paisaxe costeira.
 
Un rabaño de renos na illa de Kolguyev en 1895. O subtítulo di: "Entramos hoxe nunha nova fase da vida do reno. Por primeira vez apareceu a mosca (Hypoderma tarandi) coñecida polos Samoiedos como "Pi-liur", e polos rusos como "Orwot".

Notas editar

  1. GoogleEarth - Location
  2. 75m segundo a páxina rusa
  3. "Internet Geology News Letter No. 16". 1999. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2003. Consultado o 25 de outubro de 1999. 
  4. Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, London, 1895.
  5. Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, London, 1898.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, Londres, 1895.
  • Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, Londres, 1898.

Ligazóns externas editar