Koichi Tanaka

químico xaponés

Kōichi Tanaka (田中耕一?), nado en Toyama o 3 de agosto de 1959, é un químico xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.

Infotaula de personaKōichi Tanaka

Tanaka no 2003.
Nome orixinal(ja) 田中耕一 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1959 (64 anos)
Toyama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Xapón
País de nacionalidadexaponés
EducaciónUniversidade de Tōhoku
Coñecido porDesorpción láser
Actividade
Campo de traballo
Ocupaciónquímico , profesor universitario , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toquio
Universidade de Tohoku (pt) Traducir
University of Tsukuba (en) Traducir
Ehime University (en) Traducir
Shimadzu Corp. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYuko Ikegami
Premios
Premio Nobel de Química (2002)

Traxectoria editar

Graduouse en química na Facultade de Enxeñería na Universidade de Tōhoku en 1983. En abril daquel ano, é asignado ao Laboratorio de Investigación Central de Shimadzu Corporation, situada en Kioto. En maio de 1986 foi transferido ao Equipo de División Científica dese departamento. En maio de 1989 gañou o Premio ao Estímulo da Sociedade de Espectroscopía de Masas do Xapón.

En xaneiro de 1992, foi transferido temporalmente a KRATOS Analytic Ltd. (unha filial de Shimadzu Corporation) en Manchester (Inglaterra) por un ano. Isto era a súa primeira experiencia de residir no ultramar, e isto era unha experiencia desconcertante desde varios puntos de vista, o máis prominente a lingua e a cultura.

Investigacións científicas editar

Admirado polos seus colegas pola súa minuciosidade e a súa forma estruturada de traballo. «É, ata para parámetros xaponeses, un animal de traballo», dixo Martin Resch, que traballa na empresa de aparellos de laboratorio Shimazu, do mesmo xeito que Tanaka, de 43 anos.

Tanaka adquiriu notoriedade en 1987, ao presentar nun simposio un método de análise nova desenvolvido por el e chamado «Soft Laser Disorption», polo que as moléculas de proteína son cargadas eléctricamente con láser, para deixalas voar libremente e analizalas. Desta forma, tamén é posible analizar macromoléculas biolóxicas nun espectrómetro de masas. Actualmente dirixe o Departamento de investigación da corporación Shimadzu en Kioto.

Koichi Tanaka recibiu o Premio Nobel de Química en 2002, xunto con John Fenn por «o desenvolvemento de métodos de identificación e de análise estrutural de macromoléculas biolóxicas». O outro laureado en Química ese ano foi Kurt Wüthrich.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless
Premio Nobel de Química
 

2002
con
John Fenn e Kurt Wüthrich
Sucesor:
Peter Agre
e
Roderick MacKinnon