Klein Bonaire (en neerlandés "Pequena Bonaire") é un pequeno illote deshabitado fronte á costa occidental da illa caribeña de Bonaire.

Klein Bonaire
Todo Klein Bonaire é visible desde os outeiros no lado de sotavento de Bonaire
Klein Bonaire é o illote redondeado do centro da imaxe
Situación
PaísBonaire Bonaire
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas12°09′29″N 68°18′39″O / 12.15806, -68.31083Coordenadas: 12°09′29″N 68°18′39″O / 12.15806, -68.31083
Xeografía
Superficie6 km²
Longura máxima3'9 km.
Largura máxima2´5 km.
Punto máis alto1 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

O illote, que se atopa próximo á media lúa formada pola illa principal, ten 6 km² e é moi chan, levantándose non máis de dous metros sobre o nivel do mar. As únicas estruturas son algunhas ruínas de chozas de escravos (pequenas, estruturas dun só cuarto que datan do período de escravitude da rexión).

A distancia desde a costa de Bonaire á costa de Klein Bonaire é de aproximadamente 800 metros no punto máis próximo. A distancia é frecuentemente atravesada por barcos particulares e comerciais e pódese facer en kaiak con certa dificultade. A principal atracción para os visitantes é o mergullo e o snorkeling no prístino dos arrecifes de coral que rodean o illote.

Historia editar

En 1868, Klein Bonaire foi vendida a un particular chamado Angel Jeserun e permaneceu en mans privadas ata 1999, cando foi comprada polo goberno de Bonaire, o Fondo Mundial para a Natureza, e a Fundación para a Preservación de Klein Bonaire por 9 millóns de Florines das Antillas Neerlandesas (5 millóns de dólares estadounidenses).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar