Kiteretsu, o primo listo de Nobita

serie de debuxos animados

Kiteretsu, o primo listo de Nobita (orixinalmente Kiteretsu Daihyakka) é unha serie creada por Fujio F. Fujiko (tamén creador de Doraemon). É unha serie de animación protagonizada por un neno chamado Eiichi (Kiteretsu, para os seus amigos), membro dunha ancestral familia xaponesa autora dun popular dicionario de inventos. O cativo adícase a realizar inventos para solucionar problemas, seus e dos seus amigos Miyoko, Tongari e Gorila. Tamén dispón dun robot mascota creado por el mesmo chamado Korosuke.

Kiteretsu, o primo listo de Nobita
FormatoAventuras, Ciencia ficción
Creado porFujiko F. Fujio
IntérpretesAnimación
País de orixeXapón
Episodios331
Produción
Duración30 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeFuji Television
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio27 de marzo de 1988
Derradeiro episodio9 de xuño de 1996
Na rede
IMDB: tt0305051 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En Galicia, podemos desfrutar desta serie no programa infantil-xuvenil da TVG Xabarín Club.

Situación editar

O programa está ambientado na irreal Hyōno-chō, que está situada nunha localización ambigua que posúe estación de tren, un centro comercial... Debido a que o Seibu Railway, un ferrocarril eléctrico, aparece na serie, crese (e especulouse) que a situación desta é nalgún sitio na área "Musashino" de Toquio. A irreal cidade lindeira de Urano-chō é onde vive a tía de Miyoko. No anime, Miyoko fala un dialecto atribuído á dita cidade.

A irreal Hyakujōshima é onde se atopa a casa de vacacións da familia de Tongari. Unha familia de granxeiros vive alí e cóidalles o lugar. A illa é escasamente poboada dado que a poboación marchou a Toquio ao estaren os dous puntos conectados por avións e transbordador.

Na serie foron mencionadas dús escolas: Hyōno e a Universidade de Takao. O primeiro é o colexio público ao que acoden Kiteretsu e os seus amigos. Durante as vacacións, as cociñeiras da cafetería usan a escola para dar clases de piano.

Non se sabe se a Universidade de Takao é privada, concertada ou pública. Benzo foi capaz de entrar na Universidade despois de intentalo seis veces durante a serie. Dez anos despois de que a serie comezara, Kiteretsu, Miyoko e Tongari entraron a estudar nesta Universidade.

Personaxes editar

Principais editar

  • Eiichi Kite (Kiteretsu)
É un neno que constrúe os inventos que creou o seu antepasado o mestre Kiteretsu (de aí que os seus amigos o chamen normalmente así). É o primo listo de Nobita. Un dos inventos de Kiteretsu é Korosuke, un robot-samurai. Cos seus inseparables amigos (Gorila, Miyoko e Tongari) vivirá todo tipo de aventuras. Os seus maiores soños son: Coñecer o mestre Kiteretsu e casar con Miyoko.
  • Korosuke (Koro)
É o robot-samurai creado por Kiteretsu, ademais de ser o seu mellor amigo e ser considerado por el coma un irmán máis novo. Aínda que di ser un samurai, guerreiros valentes por instinto, é moi medorento e chorica. A pesar diso sempre intentará axudar aos demais en todo o que poida, e sempre que non lle dea medo.

Secundarios editar

  • Kaoru Kumada (Gorila)
  • Miyoko Nonoka
  • Tongari Koichi
  • Benzo Karino
  • Mestre Kiteretsu

Cancións editar

Inicio editar

O amor é o que fai vira-lo mundo.
Mírome no espello,
e, a quen vexo?
Só a ti.
Por se non o sabes
ando namorada.
Chamo como sexa
a túa atención.
Fago estatuas sen mover
sequera un pé,
e pensas que estou tola
porque bailo sen parar
un "rock and roll",
xunta a ti.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
sempre foi un soñador.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
porque o que lle vai,...
é soñar.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
sempre foi un soñador.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
porque o que lle vai,...
é soñar.

Final editar

Hai quen me conta,
quen me di,
que da túa cabeza
está a xurdir
a grande idea dun creador.
Non hai ninguén
coma ti.
Un xenio dos de antes,
dos de pelo gris.
Leva o teu nome,
o do teu clan.
Non o vou dubidar
se ti me dis que si.
Nos asuntos do amor,
sempre andas a velas vir.
O meu corazón
vai ó tope.
E aínda que usas lentes
nunca tes ollos pra min.
Eu bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Por favor,
que alguén resolva o misterio,
ata a fin.
Bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Por favor,
que alguén resolva o misterio,
ata a fin.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar