Kiri Te Kanawa

cantante de ópera

Dame Kiri Te Kanawa (ˌkɪri ti- ˈkɑːnəwə), DBE, nada en Gisborne (Illa Norte, Nova Zelandia) o 6 de marzo de 1944, rexistrada ao nacer co nome Claire Mary Teresa Rawstron, é unha cantante de ópera (de tesitura soprano) neozelandesa-irlandesa-maorí.[1] A soprano é considerada unha suprema expoñente da súa xeración en papeis de Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss, con incursións de éxito no repertorio de Giuseppe Verdi, Georg Friedrich Händel e a música francesa. De gran beleza física e porte que a fixo ideal para encarnar princesas, condesas e personaxes nobres, a súa voz, de textura e timbre facilmente recoñecibles convertérona nunha das máximas divas dos anos oitenta.

Infotaula de personaKiri Te Kanawa

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Claire Mary Teresa Rawstron Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Gisborne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Mary's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera , músico de jazz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWolfson College (Cambridge) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica, Ópera e Jazz Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSister Mary Leo (pt) Traducir e Vera Rózsa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI Classics
Decca Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webkiritekanawa.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0853490 Allocine: 409 Rottentomatoes: celebrity/kiri_te_kanawa Allmovie: p36775 TV.com: people/dame-kiri-te-kanawa
Facebook: kiritmusic Instagram: kiri_thy Youtube: UChfG42mAZXV1Rejj64MZszw Souncloud: kiritmusic Spotify: 3fcsflK8xu26XH4OYTcm5T iTunes: 753875617 Musicbrainz: 1a78bb97-ad86-4f89-b4b4-cc10953103c3 Songkick: 240030 Discogs: 532265 Allmusic: mn0000376150 Genius: Kiri-te-kanawa Editar o valor em Wikidata

Estímase que en 1981 foi vista e escoitada por uns 600 millóns de persoas en todo o mundo cando interpretou a aria "Let the Bright Seraphim", de Händel, na voda de Carlos, Príncipe de Gales e Lady Diana Spencer.

Traxectoria editar

Te Kanawa foi adoptada por unha familia maorí cando aínda era unha nena, e pouco se sabe dos seus pais biolóxicos: só que, por unha banda, a súa nai adoptiva e a súa nai biolóxica son da mesma orixe: irlandesas, e que, pola outra, o seu pai adoptivo e o seu pai biolóxico son do mesma orixe: maorís.

Na súa adolescencia e primeira mocidade, Te Kanawa foi unha popular cantante de entretemento en Nova Zelandia. A súa gravación de Nun's Chorus, de Casanova, a opereta composta por Ralph Benatzky en 1928 con música de Johann Strauss (fillo), gañou o primeiro disco de ouro de Nova Zelandia.[2]

Estudou no seu país de orixe cunha relixiosa, sor Mary Leo, e en 1965 gañou un concurso de canto e recibiu unha bolsa para estudar en Londres. En 1966 inscribiuse no London Opera Centre, onde estudou con Vera Rozsa.

Te Kanawa comezou a súa carreira como mezzosoprano, pero máis tarde, por consello do director de orquestra Richard Bonynge, converteuse en soprano. Tras participar en pequenos papeis nas óperas Don Carlos, Boris Godunov, Parsifal, Die Zauberflöte e Rigoletto, foi descuberta por Sir Colin Davis en audicións para Le nozze di Figaro en 1969.

En 1971, Te Kanawa fixo un soado debut no Royal Opera House (Covent Garden) como a Condesa Almaviva, en Le nozze di Figaro, de Mozart, e cantou logo coa Ópera de Escocia, coa Ópera de Berlín, no festival de Glyndebourne, na Ópera de San Francisco e na Ópera de Santa Fe, onde cantara meses antes do debut londiniense a súa primeira condesa mozartiana.

Seguiu un sensacional debut no Metropolitan Opera en 1974, substituíndo a Teresa Stratas como Desdémona na ópera de Verdi Otello xunto a Jon Vickers, dirixidos por James Levine.

Nos anos seguintes, actuou na Ópera Lírica de Chicago, na Ópera de París, na Ópera de Sydney, na Ópera de Viena, na Scala de Milán, na Ópera de San Francisco, na Ópera de Múnic e na Ópera de Colonia, e engadiu as personaxes de Mozart Dona Elvira, Pamina e Fiordiligi, ademais de personaxes italianas, como Mimi, de La Bohème.

Te Kanawa destacou nas heroínas máis líricas de Richard Strauss: Marschallin, de Der Rosenkavalier; a Condesa, de Capriccio, e a protagonista de Arabella, así como en Vier letzte Lieder do compositor, e en certos papeis de Verdi, como Amelia, de Simón Boccanegra; Violeta, en La traviata, e Desdémona, en Otello.

En 1979 foi Donna Elvira no filme Don Giovanni sobre a ópera de Mozart, dirixido por Joseph Losey.

En 1982 cantou a súa única Tosca, de Giacomo Puccini, en París, e agregou ao seu repertorio Elizabeth de Valois, de Don Carlo, de Verdi.

Destacou tamén como intérprete de comedia musical en versión de concerto e de crossover.

Retirouse do escenario da ópera en 2004 con Vanessa, de Samuel Barber, nos Ánxeles e en Washington, mais continuou a actuar esporadicamente en concertos, pasando a maior parte do seu tempo na súa residencia de Bay of Isles, en Nova Zelandia.

Honras editar

Entre as honras recibidas, foi nomeada Dame Commander da Orde do Imperio Británico en 1982, investida coa Orde de Australia en 1990 e condecorada coa prestixiosa Orde de Nova Zelandia en 1995. Tamén recibiu títulos honoríficos de universidades como: Cambridge, Oxford, Nottingham, Durham, Dundee, Warwick, Chicago, Auckland e Waikato, así como membro honorario do Somerville College, Oxford e do Wolfson College, Cambridge.

En 2009 foi engadida ao Hollywood Hall of Fame.

Outras actividades editar

Fundou a organización que leva o seu nome para promover os mozos cantantes do seu país.

Vida privada editar

En 1967 casou con Desmond Park, con quen adoptou dous nenos (Antonia e Thomas) e de quen se divorciou en 1997. É tamén unha ávida golfista e cazadora.

Discografía de referencia editar

Recitais, crossover, música popular editar

DVD editar

Ópera
  • Mozart, Don Giovanni, Lorin Maazel (filme de Losey)
  • Mozart, Le nozze di Figaro, Glyndebourne, John Pritchard
  • Puccini, Manon Lescaut, Covent Garden, Giuseppe Sinopoli
  • Puccini, Tosca, París, Seiji Ozawa
  • J.Strauss, Die Fledermaus, Plácido Domingo
  • Strauss, Arabella, Met, Christian Thielemann
  • Strauss, Der Rosenkavalier, Met, James Levine
  • Strauss, Der Rosenkavalier, Londres, Georg Solti
  • Strauss, Capriccio, San Francisco, Donald Runnicles
  • Strauss, Kiri and Solti
  • Verdi, Otello, Covent Garden, Georg Solti
  • Verdi, Otello, Arena di Verona, Daniel Oren
  • Verdi, Simon Boccanegra, Covent Garden, Georg Solti
  • Verdi, Simon Boccanegra, Met, James Levine
Recitais
  • An Evening with Kiri Te Kanawa
  • Kiri Te Kanawa: A Celebration Live at the Royal Albert Hall
  • Christmas With Kiri Te Kanawa - Michael George
  • Kiri Te Kanawa - Home & Afar
  • Kiri Te Kanawa - Opera in the Outback
  • The Making of West Side Story - Leonard Bernstein
  • Dame Kiri and Friends - The Gala Concert
  • Metropolitan Opera Gala - James Levine's 25th Anniversary
  • Metropolitan Opera: Centennial Gala

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar