Kinshasa

Capital da República Democrática do Congo

Kinshasa (antigamente Léopoldville) é a capital e maior[1] cidade da República Democrática do Congo. Cunha poboación de 8,5 millóns, é tamén unha das máis poboadas da África subsahariana. Cidade de contrastes, con zonas residenciais, comerciais e universitarias xunto a barrios de chabolas.

Modelo:Xeografía políticaKinshasa
Imaxe

Nomeado en referencia aLeopoldo II de Bélxica Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 4°19′19″S 15°18′43″L / -4.3219, 15.3119Coordenadas: 4°19′19″S 15°18′43″L / -4.3219, 15.3119
EstadoRepública Democrática do Congo
ProvinciaKinshasa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Bandalungwa (pt) Traducir
Barumbu (pt) Traducir
Bumbu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 24+
Poboación
Poboación11.855.000 (2016) Editar o valor em Wikidata (1.189,66 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9.965 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Congo Editar o valor em Wikidata
Altitude240 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorHenry Morton Stanley Editar o valor em Wikidata
Creación1881 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico0987- Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2CD-KN Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Teherán
Bruxelas-Capital
Utrecht
Ancara
Incheon (pt) Traducir (2007–)
Brazzaville (2015–)
Dakar (2015–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webkinshasa.cd Editar o valor em Wikidata
Youtube: UCeHBtCNfoEBLBC3Z1EWSckw Editar o valor em Wikidata

Kinshasa está situada na ribeira sur do río Congo, en fronte da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo. Fundada como posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 chamándolle Léopoldville en honra do rei Leopoldo II de Bélxica, a quen se lle dera a título persoal todo o país. A cidade sitúase xusto antes das cataratas Livingstone, polo que o Congo só é navegábel até Kinshasa. En 1898 construíuse un ferrocarril até a costa.

En 1965 Mobutu Sese Seko alcanzou o poder, e na súa política de "africanización" cambiou os nomes de persoa e lugar en todo o país, que se chamaría Zaire. En 1966 Léopoldville foi chamado Kinshasa, por unha aldea que estaba nas proximidades. A cidade creceu rapidamente, até o punto en que a tradicional lingua local, o congo, foi desprazada polo lingala.

Kinshasa sufriu gravemente polo nepotismo do goberno de Mobutu e pola Primeira guerra do Congo. Mais aínda así, a cidade é un dos principais centros culturais da África Central, cunha crecente comunidade de músicos e artistas. Tamén é o principal centro industrial do país, onde se procesan moitas das materias primas que chegan do interior do país.

Estimacións do 2009 cifraban en 9 518 988 o número de habitantes da cidade. Xunto á capital da República do Congo, que conta cunha poboación na súa área metropolitana de 1,5 millóns de habitantes,[2] forma a Área metropolitana de Kinshasa-Brazzaville, que conta cunha poboación estimada no 2009 de máis de dez millóns de habitantes,[3] a terceira conurbación máis grande de África.[4][5][6] É a cidade máis poboada de África tras Lagos.[7]

Esténdeso sobre máis de 30 km de leste a oeste e sobre máis de 15 km de norte a sur. Unha parte importante da superficie da rexión de Kinshasa é rural, cuberta por unha sabana arborada con algúns arbustos. A comuna rural de Molucas, na parte oriental da provincia, ocupa o 79% do territorio.

Mapa resaltando Kinshasa.
Mapa resaltando Kinshasa.
Boulevard du 30 juin, no centro de Kinshasa.

Historia editar

Véxase tamén: Historia urbana de Kinshasa.

Os trazos de ocupación humana na África central remóntanse ao primeiro milenio antes de Cristo. Os séculos previos á colonización europea ven a instalación dos pobos bantús instalarse na rexión do medio e baixo Congo, previamente ocupado exclusivamente por pigmeos. Diferentes tribos e pobos compoñían a nova poboación. Á altura do Estanque Malebo os tio poboaban a ribeira dereita (norte) do río, mentres que pobos asimilados aos tio, humbu e mfinu poboaban a ribeira esquerda (sur). A rexión foi vítima da trata de escravos e protagonista do comercio de marfil; ambas actividades enriqueceron ao pobo tio, entón erixido no Reino Tio.

Colonización europea editar

 
Sir Henry Morton Stanley, fundador da cidade.

Sir Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en visitar o enclave no que actualmente se sitúa a cidade ao chegar a Ntamo o 12 de marzo de 1878, no medio da súa travesía polo continente africano, cando planeaba recorrelo desde a costa atlántica oeste até o océano Índico no leste. En 1881, firmou o «Tratado da amizade» cun xefe tio, Ngalyema, obtendo así o dereito de construír un campamento en Stanley Pool. Despois de catro meses de ter rematado o camiño que rodeaba as cataratas Livingstone e enlazaba co campamento de Manyanga, acabárase de construír o novo campamento. Este encontrábase na actual comuna de Kintambo, sobre os bordos da baía de Ngaliema, entre as aldeas de Ntamo e Kinshasa. Foi chamado Leopoldville na honra do rei Leopoldo II de Bélxica, que pagara a expedición de Stanley. Leopolville era o maior campamento que se construíra até aquel momento e contaba coa vantaxe de estar situado no estreito onde o río Congo empeza a ser navegable até 1.500 km río arriba.[8] O sitio, grande e fácil de defender xa estaba poboada por 66 aldeas antes da chegada de Stanley cunha poboación total estimada en 30.000 habitantes.[9] Stanley fundou así mesmo outra estación, ao lado da aldea de Kinshasa (nshasa significa «mercado»), cun acordo co xefe Ntsuvila. Este pobo doulle o nome á cidade actual, desenvolvéndose co aumento da aldea Mpumba, onde hoxe se localiza o distrito de negocios. Cando Stanley regresou ao Congo en 1882 o campamento atopábase en condicións lamentables e tivo que reconstruílo durante varios meses.[8]

 
Leopoldville en 1896.

O posto prosperou ao ser o primeiro porto fluvial navegable do río Congo augas arriba das cataratas Livingstone -unha serie de rápidos que se estenden por máis de 300 quilómetros río abaixo de Kinshasa. Nun principio, todas as mercancías que desde o interior eran levadas ao mar e viceversa debían ser cargadas por persoas entre Leopoldville e a cidade de Matadi, un porto fluvial situado río abaixo dos rápidos, a uns 150 quilómetros da costa. Os investidores e comerciantes europeos crearon unha agrupación internacional para construír un ferrocarril que rodeara as cataratas Livingstone e que unira Matadi con Livingstone. A liña empezouse a construír en 1890 e en 1898 foi rematada.[8] A súa importancia económica incrementouse e o ferrocarril impulsou definitivamente o crecemento da cidade, que, en 1910, tiña apenas 10.000 habitantes.

Crecemento da capital editar

En 1929, a cidade foi nomeada capital do Congo Belga, sucedendo á cidade que até ese momento era a capital, Boma, situada no estuario do río Congo. Este cambio ocorreu despois da aplicación do Real Decreto do 1 de xullo de 1923 emitido en Bruxelas. Nesta época, Leopoldville estaba confinada ás comunas de Kintambo e do Gombe actual, desenvolvidas arredor da Baía de Ngaliema, logo adheríronse os municipios de Kinshasa, Braumbu e Lingwala. Nos anos 1930 construíronse a maioría das vivendas para os empregados da Chanic, a Filstisaf e a Utex Africa.

 
Mapa da rexión de Kinshasa e do Estanque Stanley no século XIX. Xa poden identificarse notablemente Kintambo, Lemba, Kallina (actual Gombe) e a comuna de Kinshasa. Pode verse tamén o pobo de Kindolo.

Leopoldville non se converteu en cidade dende o punto de vista xurídico até o 25 de xuño de 1941 (con 5.000 hectáreas e 53.000 habitantes). Dende 1923 era un mero « distrito urbano ». Na mesma ocasión converteuse na capital da colonia, cabeceira da provincia do Congo-Kasai e do distrito de Medio-Congo. Estaba dividida en dúas zonas: a zona urbana, partida á súa vez en Léo (abreviatura de Léopold, evocando aos diferentes reis dos belgas) II, Léo-Ouest, Kalina, Léo-I ou Léo Est e Ndolo, e a zona indíxena no sur.

O crecemento da cidade comezou en 1945, tralo cesamento dos traballos forzosos que os belgas realizaron, que permitiu que aumentase a poboación negra. A cidade converteuse así no destino de numerosos habitantes dos sectores rurais na procura dun emprego, que se asentaron nas casas da zona indíxena. A cidade comezou a poboarse sobre todo de membros do pobo congo.

Na década de 1950 as cidades planificadas de Lemba, Matete e unha parte de Ndjili foron deseñadas para acoller aos empregados da zona industrial de Limete.

En 1954, a cidade abriu a Universidade de Lovanium, institución especial para os nativos e que estaba fiscalizada para evitar que aos seus alumnos lles chegaran influencias estranxeiras. En 1955, o rei Balduíno de Bélxica visitou Leopoldville e afirmou «Chegará o momento no que se lle garanta a todos, brancos ou negros, a parte que lle corresponde no goberno do país, segundo as calidades e capacidades que posúa».[8]

A cidade tiña 11 comunas e 6 zonas anexas en 1957: as comunas de Kalamu, Dendale (actual Kasa-Vubu), San Xoán (actual Lingwala), Ngiri-Nigiri, Kintambo, Limete, Bandalungwa, Léopoldville (actual Gombe), Barumbum, Kinshasa e Ngaliema; as zonas anexas eran Lemba, Binza, Makala, Kimwenza, Kimbanseke e Kingasaani, ás que se lles sumaron Ndjili e Matete.

Cos disturbios de xaneiro de 1959 a independencia política comezou a tomar solidez. As eleccións municipais, parlamentarias e presidenciais deron lugar a tensións étnicas que implicaron a intervención da forza pública. Os congo venceron nas eleccións municipais e presidenciais. A guerra civil que seguiu á independencia en 1960 reforzou a inmigración dos balubas.

 
Mapa de Kinshasa, 2001.

Foi nesta cidade onde se produciu a primeira infección documentada do VIH, o cal ocorreu en 1959. A enfermidade foi descuberta no sangue preservado dun residente local.

En 1965 Mobutu Sese Seko tomou control do país trala Crise do Congo e o seu segundo Golpe de Estado e iniciou unha política de africanización que promovía o cambio de nomes de persoas e lugares do país. Así, en 1966 a cidade cambiou o seu nome polo de Kinshasa, tomando o nome a poboación de Kinchassa, unha poboación situada a unhas dúas horas ao leste de Leopoldville e onde a Compañía Comercial Belga creara o seu principal posto comercial.[10]

A cidade creceu rapidamente baixo o goberno de Mobutu, atraendo xente de todo o país que chegaba en busca de fortuna ou tratando de escapar de conflitos étnicos doutras zonas. Isto trouxo un inevitable cambio na composición étnica da cidade. Aínda que Kinshasa se sitúa nun territorio que tradicionalmente pertence aos bateke e aos bahumbu, a lingua franca en Kinshasa hoxe en día é o lingala.

Xeografía editar

A cidade-provincia cobre unha área de 9.965 km². Componse dun gran altiplano (meseta Kwango), unha cadea montañosa (montañas Ngaliema, Amba, Ngafula), un terreo chairego, e as zonas húmidas no bordo de Pool Malebo (antigamente coñecido como Stanley Pool). A chaira é a máis poboada e esténdese en forma de media lúa dende a baía, no leste, até a meseta Kwango Ngaliema, ao oeste de Pool Malebo. A cidade desenvolveuse entre o promontorio de Gombe, o Pool Malebo e a baía de Ngaliema antes das cataratas Livingstone e os montes do sur situados preto do río (ao oeste do Monte Ngaliema), quince quilómetros ao sur de Pool Malebo.

Clima editar

Táboa de temperaturas e precipitacións de Kinshasa[11]
Meses xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Anual
Temperaturas máximas (°C) 31 31 32 32 31 29 27 29 31 31 31 31
Temperaturas mínimas (°C) 21 22 22 22 22 19 18 18 20 21 22 21
Precipitacions medias (mm) 135 145 196 196 159 8 3 3 30 119 222 142

Demografía editar

Evolución da poboación de Kinshasa
Ano Habitantes
1920* 1.600
1936 40.300
1938 35.900
1939 42.000
1947 126.100
1957 299.800
1959 402.500
1967 901.520
1968 1 052 500
Ano Habitantes
1970 1 323 039
1974 1 990 700
1976 2 443 900
1984 2 664 309
1991 3 804 000
1994 4 655 313
2003 6 786 000
2005 7 500 000
2015 est. 12 000 000
Fonte: Populstat, World Gazetteer Arquivado 25 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
(*) só se teñen en conta as comunas que pertencían en cada época a Leopoldville

En 1945, sendo capital do Congo Belga, Leopoldville tiña uns 100.000 habitantes. Trala independencia do país, en 1960, esa cifra elevouse a unhas 400.000 persoas, sendo a principal cidade de África central. Quince anos máis tarde, despois de que a cidade fose rebautizada como Kinshasa en 1966, a súa poboación alcanzou unha cifra que rondaba os dous millóns de habitantes. A cidade creceu de forma considerable, pasando de medio millón de habitantes a finais dos anos 1960 a 4 787 000 en 1998. As últimas estimacións de 2005 calculaban os 7 500 000 habitantes.

Segundo cálculos, podería superar os 10 millóns de habitantes en 2015, situándose entre as 30 maiores cidades do mundo. Segundo o Banco Mundial, o volume dos empregos creados de forma ilegal é inigualable no resto de zonas urbanas de África, cun 95% (contra o 45 e o 50% de cidades como Freetown ou Uagadugú).

Segundo un estudo da Rede de educadores de nenos e mozos da rúa (Réseaux des éducateurs des enfants et jeunes de la rue, REEJER) elaborado en 2006, 13.877 cativos vivían e traballaban nas rúas de Kinshasa, principalmente nas comunas de Masina, Kimbanseke e Limete

Organización territorial editar

 
Provincia de Kinshasa na República Democrática do Congo.

Segundo o artigo 2 da Constitución da República Democrática do Congo de 2006, Kinshasa posúe o status administrativo de cidade (ville en francés) e o de provincia (province).[12]

División administrativa editar

A cidade-provincia de Kinshasa está dividida en 4 distritos e 24 comunas ou municipios.[13] O centro comercial e administrativo da capital congolesa é La Gombe. O concello de Kinshasa presta o seu nome a toda a cidade, mais non é nin centro comercial nin administrativo da metrópole.

Distrito Comunas
Funa[14] Bandalungwa, Bumbu, Kalamu, Kasa-Vubu, Makala, Ngiri-Ngiri e Selembao
Lukunga[15] Barumbu, La Gombe, Kinshasa, Kinshasa, Kintambo, Lingwala, Mont Ngafula e Ngaliema
Mont Amba[16] Kisenso, Lemba, Limete, Matete e Ngaba
Tshangu[17] Kimbanseke, Maluku, Masina, Ndjili e Nsele
As 24 comunas de Kinshasa
 
abreviacións: Kalamu (Kal.), Kinshasa (Kin.), Kasa-Vubu (K.-V.), Lingwala (Ling.) e Ngiri-Ngiri (Ng.-Ng.)

Notas editar

  1. "Congo (Rep. Dem.): Las ciudades más grandes con estadísticas de poboación" (en español). World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  2. "Répartition de la population par Départements et Communes en 1984 et projetée de 2000 à 2015" (en francés). Centre National de la Statistique et des Etudes Economiques (CNSEE). Arquivado dende o orixinal o 11-06-2007. Consultado o 30-06-2007. 
  3. "Kinshasa-Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  4. World Gazetteer. "Kinshasa - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  5. World Gazetteer. "Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  6. World Gazetteer. "Africa: aglomeraciones" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  7. World Gazetteer. "Africa - las ciudades más importantes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Forbath, Peter (2002). El río Congo (en español). Madrid: Turner - Fondo de Cultura Económica. pp. 383–446. ISBN 84-7506-508-2. 
  9. Kinshasa Arquivado 17 de decembro de 2009 en Wayback Machine., congonline.com (en francés)
  10. Vincent, Frank (1895). Internet Archive, ed. "Actual Africa; or, The coming continent; a tour of exploration" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  11. "BBC Weather: Average Conditions for Kinshasa, Congo Democratic Republic" (en inglés). BBC. 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  12. "Constitution de la République démocratique du Congo" (en francés). Wikisource. 18 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  13. "Kinshasa Province - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  14. "Funa Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  15. "Lukunga Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  16. "Mont Amba Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  17. "Tshangu Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar