Kingdom of Heaven

Kingdom of Heaven é un filme épico escrito por William Monahan e dirixido por Ridley Scott, que se estreou o 6 de maio de 2005. É unha coprodución entre os Estados Unidos de América, o Reino Unido e Alemaña. A historia trata sobre as Cruzadas no século XII.

Kingdom of Heaven
Ficha técnica
Título orixinalKingdom of Heaven
DirectorRidley Scott
ProdutorRidley Scott
GuiónWilliam Monahan
IntérpretesOrlando Bloom
Eva Green
Liam Neeson
Jeremy Irons
David Thewlis
Brendan Gleeson
Ghassan Massoud
Marton Csokas
Alexander Siddig
Edward Norton
Khaled el nabawy
Jon Finch
MúsicaHarry Gregson-Williams
FotografíaJohn Matieson
MontaxeDody Dorn
Chisako Yokoyama
EstudioScott Free Productions
Inside Track
Studio Babelsberg Motion Pictures GmbH[1]
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2005
Duración144 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Alemaña Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroHistórico
Orzamento$130 000 000[2]
Recadación$211 652 051
Na rede
IMDB: tt0320661 Filmaffinity: 204716 Allocine: 54205 Rottentomatoes: m/kingdom_of_heaven Mojo: kingdomofheaven Allmovie: v294331 TCM: 536626 Metacritic: movie/kingdom-of-heaven TV.com: movies/kingdom-of-heaven Netlix: 70021633Editar o valor em Wikidata

A maior parte da rodaxe realizouse en Marrocos, onde Ridley Scott xa rodara anteriormente Gladiator e Black Hawk Down, ademais de aparecer en distintos momentos monumentos de cidades españolas como Huesca (Castelo de Loarre), Córdoba, Ávila e Sevilla.

A película no cine duraba 144 minutos. Obtivo críticas negativas debido a que moitas das partes narradas se entrelazaban de forma repentina, creando certa confusión no desenlace dos acontecementos. Pouco tempo despois, comercializouse a versión denominada "corte do director" (director's cut) cunha duración de 194 minutos, na que se engadiron varias escenas que a dotaron dunha maior coherencia argumental e lograron unha historia máis clara e crible.

Sinopse editar

A película comeza nunha pequena vila de Francia, cun ferreiro chamado Balian (Orlando Bloom) que non dá esquecido á súa muller, recentemente suicidada como resultado da morte do seu fillo. Un grupo de cruzados chega á vila e Baliant coñece ao seu verdadeiro pai, o Barón Godofredo de Ibelin (Liam Neeson), quen viaxou desde Xerusalén co fin de recoñecelo e nomealo sucesor.

Balian rexeita ir co seu pai, preferindo continuar a tranquila vida que levaba até ese momento. Logo vai descubrir que o corpo da súa esposa fora decapitado antes de ser enterrado (unha práctica común para os que cometían suicidio) e que o sacerdote do pobo, está usando unha cruz tomada do corpo da súa muller. Anoxado, Balian asasina ao sacerdote e decide seguir ao seu pai no seu regreso a Xerusalén, coa esperanza de conseguir a redención e o perdón para el e a súa dona en Terra Santa.

Tras distintos acontecementos, Balian acaba descubrindo a corrupción da clase eclesiástica, como tamén a ameaza que sofre o Reino de Xerusalén por parte do exército musulmán, liderado por Salah al-Din, co que se libra unha guerra para obter o poder de Xerusalén.

Licenzas artísticas editar

Como película épica baséase parcialmente en feitos reais, que son empregados á súa vez como marco para a trama argumental. Deben perdoarse pois, como "licenzas artísticas", algunhas incorreccións, como son, entre outras, as de atribuírlle a condición de Cabaleiros Templarios a Guy de Lusignan e Reinaldo de Châtillon, que non ostentaron tal condición, chegando a confundir a personalidade belicosa do segundo coa do Gran Mestre dos Templarios daquela época, Gérard de Ridefort.

Tamén é ficticia a relación de Balián de Ibelín coa princesa Sibila de Xerusalén, pois Balián de Ibelín xa tiña unha familia. Por outra parte, Balian pertencía a unha prominente familia do reino e nacera en Terra Santa, e non en Francia como se di na película. Outra incorrección importante é que Balian si que combateu na batalla dos Cornos de Hattin (1187) (que supuxo a práctica expulsión dos francos do Reino de Xerusalén), sendo un dos poucos que lograron escapar. O seu papel de xefe da defensa de Xerusalén non se debeu á súa decisión de non unirse ao exército do reino, comandado por Guido, senón a que despois da batalla solicitoulle a Saladino poder entrar na cidade sitiada para rescatar á súa muller (que estaba dentro), aceptando a cambio a condición de non participar na defensa da cidade. Unha vez dentro, pedíronlle que encabezara a defensa da cidade; ante o cal, Balián lle pediu permiso a Saladino, quen llo concedeu. Si que é verdade que Balián de Ibelín rendeu a cidade a Saladino, para evitar o masacre. Despois, Balián de Ibelín, volvería para Francia.

Existen outras licenzas ou erros históricos como cando no porto de Messina e máis tarde en Xerusalén, se ven soldados con escudos e bandeiras de Castela e León, como se ambos reinos se encontraran unidos; algo imposible, pois nese momento León e Castela son dous reinos totalmente distintos, con reis diferentes, Afonso IX de León e Afonso VIII de Castela, que incluso se enfrontaron en cruentas guerras nos mesmos anos nos que a película transcorre.

Elenco editar

Notas editar

  1. movies.nytimes.com (ed.). "Company Information". Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Kingdom of Heaven". Consultado o 19 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar