King Wallis Vidor, nado o 8 de febreiro de 1894 en Galveston, Texas e finado o 1 de novembro de 1982 en Paso Robles, California, foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

Infotaula de personaKing Vidor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Galveston, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
El Paso de Robles, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCiência Cristã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeacock Military Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , escritor , sindicalista , guionista , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoCalifornia Republican Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeEleanor Boardman (pt) Traducir (1926–1931)
Florence Vidor (pt) Traducir (1915–1924) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0896542 Allocine: 759 Allmovie: p115411
WikiTree: Vidor-3 Find a Grave: 6846494 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

King Vidor, gran cineasta estadounidense, tiña orixes húngaras por parte paterna, que procedía dunha familia adiñeirada. De feito, os negocios do seu pai fixéronlle amasar a este un capital notable.

King Vidor entrou na academia Militar de San Antonio, para logo ingresar no colexio de Fort Deposit. Un influxo importante nas súas ideas foi o da súa nai, pois lle introduciu na Ciencia Cristiá, para a cal traballaría cun grupo de médicos; máis tarde, no ocaso da súa vida, quixo facer unha película sobre Mary Baker Eddy, fundadora desta relixión.

King Vidor empezou como afeccionado; fixo documentais publicitarios e noticiarios, que logrou vender en ocasións. Publicista e autor de curtametraxes, debutou como realizador en 1913. No ano 1916, casou con Florence Arto, futura actriz e colaboradora súa. Instalouse coa súa muller en Hollywood.

O seu primeiro traballo en Hollywood foi en 1915, para desenvolver actividades relacionadas co cine (contable, rexedor, guionista). Aos poucos anos tivo a súa oportunidade artística, e dirixiu The Turn of the Road (A volta do camiño) en 1919, con verdadeiro éxito, o cal permitiulle realizar de inmediato outros tres filmes. En 1920, fundou Vidor Village, estudo cinematográfico propio, no cal dirixirá sete películas, case todas protagonizadas pola súa muller, Florence Vidor.

En 1923 con todo viuse obrigado a deixar o seu estudo. Logo, logrou éxito con The Big Parade (O gran desfile (en galego)) (1925) ou con Show People (1928). Xa divorciado ; viaxou, en 1928, a París coa súa segunda esposa, Eleanor Boardman, para promocionar esa última película.

En Hollywood rodou ao ano seguinte a famosa Hallelujah! (Aleluia), interpretada só por afroamericanos, na que o son toma por primeira vez relevancia artística dentro do cine, inventando innumerables usos ademais de escoitar o que se ve, cousa que non era así antes desa película xa que a maior parte de estreas eran "talkies" ou películas faladas.

Interesouse pronto polo cine en cor, e filmou Paso ao noroeste (1940). Con An American Romance (1944) realizou unha segunda experiencia con ese tipo de película. Entre as súas obras sucesivas hai que recordar, sen dúbida, Duel in the Sun (Duelo ao sol) (1946), The Fountainhead (O manancial) (1949) e Ruby Gentry (1952).

Tras Salomón e a raíña de Saba de 1959 retirouse. Pasou a dedicarse á escritura (así, o seu belo libro de memorias, que está publicado en España por Paidós), á pintura, a filosofía, o ensino universitario. Tamén chegará a facer dúas curtametraxes experimentais.

Foi cinco veces nomeado ao Premio Oscar, e recibiu un premio honorífico en 1979, polo conxunto da súa obra.

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar