Kinaros ou Cinarus (Kinaros: Zinari) (grego: Κίναρος), é unha pequenailla grega no mar Exeo, o nome ven da alcachofa (kinara) que se producen en Kinaros.[1][2] Atópase ao oeste de Kalymnos e Leros e ao leste de Amorgos, 5'5 millas náuticas ao oeste-suroeste de Lévitha,[3] é a segunda illa máis occidental do Dodecaneso logo de Astypalea. Ten unha superficie de 4'5 km. o punto máis alto da illa ten 296 m. A poboación da illa segundo o censo de 2011 é de 2 habitantes.

Kinaros
Κίναρος
localización da illa
Situación
PaísGrecia
PeriferiaExeo Meridional
ArquipélagoDodecaneso
MarMar Exeo
Coordenadas36°58′49″N 26°17′23″L / 36.98028, -26.28972Coordenadas: 36°58′49″N 26°17′23″L / 36.98028, -26.28972
Xeografía
Superficie4'577 km²
Longura máxima3'7 km
Largura máxima1'5 km
Punto máis alto296 m (Monte Papas)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

Kinaros pertence a un grupo de seis pequenas illas e algúns illotes, que se atopan entre Leros e Kálimnos no leste e a illa cicládica de Amorgos no oeste. Ao sur atópase Astipalea. Ademais de Kinaros que ten unha superficie de 4´577 km², este grupo de illas componse de Plaka no oeste, Glaros, as dúas illas Mavra e Lebynthos no leste. Kinaros é accesible a través das illas de Amorgós ou Kálimnos mediante lanchas rápidas. Nos meses de verán ofrécense excursións a Amorgós desde Leros e Egiali.

No lado sur da illa hai algunhas baías profundas, similares a fiordes, que ofrecen uns ancoraxes naturais para a protección dos ventos do norte. O lado occidental ten costas escarpadas inaccesibles. As plantas típicas son a maquia e a garriga que dominan a paisaxe.

Historia editar

Debido á localización xeográfica de Kinaros, na antigüidade era un ancoraxe importante para os buques que viaxaban entre as illas Cícladas e o Dodecaneso. Suponse que había un pequeno asentamento na illa. Restos de construcións poden ser detectados arqueoloxicamente.

Kinaros hoxe editar

Debido á remota localización da illa esta foi abandonada polos seus habitantes en 1960, foi habitada por pescadores de novo brevemente. En 2000, unha parella de anciáns trasladouse de novo á illa. Os residentes para o seu autoabastecemeento practican a agricultura e manteñen algunhas cabras. Para obter enerxía instalouse un sistema fotovoltaico. Aínda que houbo xente outra vez na illa os esforzos pola recepción de teléfono fixos e móbiles resultaron baldeiros para restablecer unha conexión a Internet vía satélite.

Poboación de Kinaros[4]
Ano 1947 1951 1961 1971 1981 1991 2001 2011[5]
Habitantes 15 12 - 3 4 2 2 0

O último home que viviu na illa (coa súa esposa, Helen Thera) Mickes Katsotourchis, morreu o 10 de xuño de 2013.

Sucesos editar

O 11 de febreiro de 2016, un helicóptero Agusta-Bell AB212 PN28 da armada grega estrelouse na illa de Kinaros durante unha misión de adestramento pola noite, morrendo os tres militares a bordo.[6]

Referencias editar

  1. Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) (ed. William Smith, LLD) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
  2. Perseus: Harry Thurston Peck, Harpers Dictionary of Classical Antiquities (1898) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
  3. "KINAROS (Island) LEROS - GTP". www.gtp.gr. Consultado o 2016-02-13. 
  4. Evolución demográfica de Kinaros 1947–2001, Oficina Grega de Estatística ELSTAT, Digitale Bibliothek (grego)
  5. Resultado do Censo de 2011, Oficina Grega de Estatística (ΕΛ.ΣΤΑΤ) Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (Excel-Documento, 2,6 MB)
  6. "Hellenic Navy helicopter crashes on Kinaros during military exercise". tovima.gr. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar