Kina Fernández

deseñadora de moda galega

Joaquina Fernández Álvarez, chamada Kina Fernández, nada en Celavente (O Bolo), en abril de 1947, é unha deseñadora de moda galega.

Infotaula de personaKina Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
O Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de moda Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

 
Tenda de Kina Fernández na rúa Real da Coruña.

Aos 15 anos emigrou a París[1], onde aprendeu o oficio de modista e traballou con distintos deseñadores de moda. En 1972[2], volta a Galicia e abre unha pequena tenda na Coruña, onde se dedica á venda de produtos de cosmética e á importación de roupa francesa. A primeiros dos anos oitenta abriu unha empresa de confección e comezou a deseñar roupa pola súa conta, ata que en 1985 abriu a primeira liña co seu nome.

En 1989 participa no seu primeiro desfile, e en 1999 estréase na pasarela Cibeles de Madrid. Nese ano tamén, e nesa mesma cidade, abre a súa primeira tenda. Na actualidade vende a unha ducia de países e ten seis tendas propias, dúas delas en Galicia: na Coruña e en Lugo[3] . A súa fábrica está localizada na Coruña.

Moda editar

A súa moda vai dirixida unicamente á muller. Traballa o prêt-à-porter, pero tamén ten unha colección de lentes, roupa de baño e de complementos.

Notas editar

  1. Con quince años se marchó a París, La Voz de Galicia, 28/11/2008
  2. Kina Fernández[Ligazón morta], Hoy Mujer
  3. Tendas Arquivado 27 de setembro de 2008 en Wayback Machine., web empresarial, visitada en decembro 2008

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar