Khotin (ucraíno e ruso: Хотин; polaco: Chotim; romanés: Hotin) é unha cidade do oblast de Chernivtsi en Ucraína, situada a beira do río Dnister. No ano 2001 tiña 11.216 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaKhotin
Хотин (uk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 48°30′28″N 26°29′09″L / 48.50778, 26.48597Coordenadas: 48°30′28″N 26°29′09″L / 48.50778, 26.48597
EstadoUcraína
ÓblastsÓblast de Chernivtsi
Raião da Ucrânia (pt) TraducirDnistrovskyi Raion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación8.936 (2022) Editar o valor em Wikidata (438,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie20,39 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación22 de setembro de 1002 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal60000–60005 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico3731 Editar o valor em Wikidata
Identificador KOATUU7325010100 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkhotyn.dosvit.org.ua Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Situada ao norte da rexión de Besarabia, a zona da actual Khotin foi sede dun núcleo urbano aparentemente dende o ano 1001, cando é mencionada por primeira vez unha poboación con este nome nos rexistros da Rus de Kíiv. Nos anos seguintes formou parte do principado de Galicia-Volinia, pero a decadencia deste estado desde comezos do século XIII permitiu que os monarcas de Polonia e Lituania impuxeran o seu poder sobre a rexión, ata que o Gran Ducado de Lituania o incorporou no 1351, só para cedelo en 1359 ao Principado de Moldavia.

En 1713, despois da Gran Guerra do Norte, foi anexionada ao Imperio Otomán. Malia iso, o Imperio Ruso, como nova potencia na rexión, apoderouse da cidade en tres ocasións ao longo do século XVIII. A partir de 1812 a cidade e a súa fortaleza pasaron definitivamente a mans de Rusia.

Entre 1915 e 1918 Jotín foi ocupado por forzas do Imperio Austrohúngaro con motivo da primeira guerra mundial, e a partir de 1918 integrouse no Reino de Romanía como o resto de Besarabia.

Do mesmo xeito que o resto de Besarabia, Khotyn foi anexionado á Unión Soviética tras un ultimato a Romanía o 26 de xuño de 1940, segundo o acordado entre o Terceiro Reich e a URSS no Pacto Ribbentrop-Molotov. Despois de ser brevemente ocupado polas tropas romanesas entre 1941 e 1944 durante a segunda guerra mundial, Khotyn reincorporouse á URSS como parte da RSS de Ucraína en 1944, ata que a propia Ucraína declarou a súa independencia en 1991.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar