Khildeberto II

rei de Austrasia

Khildeberto II, nado en 570 e finado en 595, foi rei de Austrasia e fillo de Sixeberto I.

Khildeberto II
Nacemento6 de abril de 570
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecementomarzo de 596
Lugar de falecementovalor descoñecido
CausaIntoxicación
NacionalidadeReino franco
Ocupaciónmonarca e escritor
PaiSixeberto I de Austrasia
NaiBrunilda da Austrásia
CónxuxeFaileuba
FillosTeodeberto II, Teodorico II, Rei franco e Theodila
IrmánsIngund e Chlodosind
Na rede
WikiTree: Merovingian-32
editar datos en Wikidata ]

Cando o seu pai foi asasinado no 575, por dous escravos de Fredegunda, Khildeberto foi sacado de París cara a Metz, por Gundebaldo, un dos seus fieis e foi recoñecido rei. Tiña só cinco anos de idade e durante a súa longa minoría, o poder estivo disputado entre a súa nai Brunequilda e os nobres.

Khilperico, rei de París, e o rei Gontrán de Borgoña, buscaron aliarse con Khildeberto, o cal foi adoptado por ambos, por quendas. Pero despois do asasinato de Khilperico no 584, e os perigos ocasionados á monarquía franca pola expedición de Gundebaldo no 585, Khildeberto foi finalmente adoptado por Gontrán.

Mediante o Pacto de Andelot no 587, Khildeberto foi recoñecido como herdeiro de Gontrán. Coa axuda do seu tío dominou as revoltas dos nobres e tivo éxito no sitio do castelo de Woëwre. Durante a súa vida fixéronse moitos intentos por parte de Fredegunda, que estaba ansiosa de asegurar a herdanza de Gontrán para o seu fillo Clotario II.

Tamén é coñecido por completar a lei sálica, mediante un decreto.

Khildeberto tivo relacións co Imperio Bizantino e loitou no 585 en nome do emperador Mauricio contra os longobardos en Italia.

Á morte de Gontrán no 592. Khildeberto anexiónase o reino de Borgoña, e mesmo contempla a posibilidade de ameazar as propiedades de Clotario para se converter en único rei dos francos. Morreu no ano 595 deixando dous fillos Teodeberto e Teoderico.