Khárkiv

cidade de Ucraína

Khárkiv[1] (en ucraíno: Харків, en ruso: Харьков, Kharkov) é a segunda cidade máis grande de Ucraína. É o centro administrativo do óblast de Khárkiv, así como o centro administrativo dos arredores do raion de Kharkivsky dentro do óblast. A cidade está localizada ao nordés do país. No ano 2010, a súa poboación era de 1 449 000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaKhárkiv
Харків (uk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°59′33″N 36°13′52″L / 49.9925, 36.2311Coordenadas: 49°59′33″N 36°13′52″L / 49.9925, 36.2311
EstadoUcraína
ÓblastsOblast de Kharkiv (pt) Traducir
Raião da Ucrânia (pt) TraducirKharkiv Raion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Kharkiv Urban Hromada (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.421.125 (2022) Editar o valor em Wikidata (4.060,36 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie350 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porKharkiv River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude152 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorAlexis I de Rusia Editar o valor em Wikidata
Creación1654 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoIhor Terekhov (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoKharkiv City council (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal61000–61499 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico572 Editar o valor em Wikidata
Identificador KOATUU6310100000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Poznan
Gaziantep (pt) Traducir
Jinan Editar o valor em Wikidata../... 24+

Páxina webcity.kharkiv.ua Editar o valor em Wikidata
Facebook: kharkovgovernment Twitter: citykharkov Instagram: gor.sovet.kharkov Editar o valor em Wikidata

Existe un metro (tren metropolitano soterrado ou suburbano), con 35 km de lonxitude e 28 estaciones. Un lugar coñecido de Khárkiv é a Praza da Liberdade (Plóshchad Svobody), actualmente a terceira en tamaño de Europa e a sétima do mundo.

Historia editar

Evidencias arqueolóxicas descubertas na área da actual Khárkiv indican a existencia de poboación no lugar desde 2.000 a. C. Os restos culturais atopados datan da Idade de Bronce, así como tamén aqueles dos últimos poboadores escitas e sármatas. Tamén existe evidencia de que a cultura Chernyakhov prosperou na zona desde o século II até o século VI.

Fundada a mediados do século XVII (1654), a cidade ten universidade desde 1805. Durante os primeiros anos da Unión Soviética, Khárkiv foi a capital da República Socialista Soviética de Ucraína (entre 1917 e 1934). A comezos dos anos 1930, a grande fame de Ucraína (Holodomor) levou a moita xente do campo ás cidades, en particular cara a Khárkiv, na procura de alimentos. Durante a segunda guerra mundial, Khárkiv foi escenario de varios enfrontamentos, e tiveron lugar catro batallas polo control da cidade. A sucesión de acontecementos, en orde cronolóxica, sería:

  • A cidade é tomada por tropas da Alemaña Nazi en outubro de 1941 (primeira batalla de Khárkiv) e os seus aliados militares. A batalla durou catro días. O Exército Vermello resistiu mentres se desmantelaba a maquinaria das industrias de armamento (carros de combate principalmente), para ser evacuada cara ao leste en territorio soviético, onde continuou a produción durante toda a guerra. Este tipo de industria volvería instalarse na cidade acabada a guerra, chegando até os nosos días.
  • Máis tarde é recuperada polo Exército Vermello en maio de 1942, na denominada segunda batalla de Khárkiv.
  • A cidade é tomada por segunda vez polos nazis nunha ofensiva que durou varias semanas entre os meses de febreiro e marzo de 1943.
  • Finalmente foi liberada polo Exército Vermello o 23 de agosto de 1943, tras unha ofensiva coñecida como Operación Polkovódets Rumiántsev.

Como balance final da guerra, o 70% da cidade foi destruída e decenas de miles de habitantes morreron. Nos meses de abril e maio de 1940, antes da invasión alemá de 1941, uns 3.800 prisioneiros polacos do campo de concentración de Starobilsk foron asasinados por orde de Stalin no edificio NKVD de Khárkiv e máis tarde enterrados no bosque de Pyatikhatky. Entre decembro de 1941 e xaneiro de 1942, unhas 30.000 persoas (a maioría delas xudías) foron asasinadas os nazis. Foron enterradas nunha das maiores fosas comúns das que hai rexistro, coñecida como Drobitsky Yar.

Economía editar

Khárkiv é un dos principais centros industriais, culturais e educacionales de Ucraína. A súa industria especialízase principalmente na produción de armas e maquinaria. Hai centos de compañías industriais na cidade. Entre elas están xigantes mundiais como o Bureau de Deseño Morozov e a Fábrica de Tanques Malyshev (líderes na produción de tanques desde a década dos anos 1930), Hartron (industria aeroespacial e electrónica nuclear) e Turboátom (produtor de turbinas para plantas eléctricas nucleares).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar