Keith John Moon, nado en Londres o 23 de agosto de 1946[1] e finado o 7 de setembro de 1978, foi un músico Inglés, coñecido por ser o batería do grupo de rock inglés The Who.

Keith Moon
Keith Moon nun concerto no Canadá en 1976
Nome completoKeith John Moon
Data nacemento23 de agosto de 1946
Nado enWestminster, Londres Inglaterra
Falecemento7 de setembro de 1978
 Mayfair
Causasobredose
SoterradoGolders Green Crematorium
CónxuxeKim McLagan
OcupaciónMúsico, compositor, produtor, actor
XéneroRock, art rock, hard rock, power pop
Instrumento(s)batería, percusión, voz
Relacionado conThe Who, Plastic Ono Band, Jeff Beck Group
Tempo en activo1962–1978
PseudónimoMoon the Loon, Uncle Ernie
Na rede
www.thewho.com
IMDB: nm0007127 IBDB: 73418
Musicbrainz: e64bf907-c90f-4cf1-bd0c-81593b42d4d9 Discogs: 259772 Allmusic: mn0000765747 WikiTree: Moon-1861 Find a Grave: 1260 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gañou eloxios polo seu estilo innovador e exuberante de tambores, e a notoriedade polo seu comportamento excéntrico e a miúdo autodestrutivo, o que lle valeu o alcume de "Moon the Loon" (Moon o Tolo). Moon uniuse a The Who en 1964, substituíndo a Doug Sandom. Tocou en todos os álbums e singles desde o seu debut, en 1964 " Zoot Suit", a 1978 en Who Are You, que foi editado tres semanas antes da súa morte.

Moon era coñecido pola súa dramática e emocionante forma de tocar a batería, evitando frecuentemente os ritmos básicos, enfocando a súa técnica na rapidez, subliñando os redobres a través dos tambores, manexando ambidiestramente o dobre bombo e golpeando salvaxemente os pratos. É mencionado no Salón da Fama do Rock como un dos máis grandes baterías de todos os tempos do rock and roll,[2] e foi incluído postumamente no Salón do Rock como membro The Who en 1990.

O legado de Moon, como membro de The Who, como solista e como unha personalidade excéntrica, segue colleitando premios e eloxios, entre eles os lectores de Rolling Stone escollérono no segundo lugar da revista como un dos "mellores batería de todos os tempos" en 2011,[3] case 35 anos despois da súa morte.

Notas editar

  1. The Who; Universal Studios (6 November 2007). 'Amazing Journey: The Story of the Who'. ASIN: B000VLOKQI (en English e Portuguese). Dolby, DVD, Subtitled, Widescreen, NTSC. Universal Studios. 
  2. "The Who at the Rock and Roll Hall of Fame". Rockhall.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 October 2011. 
  3. "Rolling Stone Readers Pick Best Drummers of All Time". Rolling Stone magazine reader's poll. Jann Wenner/Wenner Media Websites: Rolling Stone. 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 18 March 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar