A keará (en hebreo קערה) é unha prata especial na que se presentan alimentos simbólicos no Séder de Pessach.

Keará.

Significado editar

Cada un dos seis compoñentes que se ofrecen na prata ten un significado especial que lembra o éxodo dos xudeus de Exipto, o que constitúe o eixo deste ritual que se celebra na cea da primeira noite do Pessach. O sétimo compoñente simbólico é unha pía de tres matzos colocados no seu propio recipiente.

 
Mesa disposta para o Séder cun koará, moira, matzá, viño kosher e un exemplar do Haggadah por cada posto.
 
Keará arxéntea.

Alimentos editar

Os seus alimentos que se colocan na keará son:

  • Maror e chazeret, son herbas amargas que simbolizan as amarguras e penas da escravitude padecidas no Antigo Exipto. Na tradición ashkenazi tanto o ravo como a leituga romana cumpren os requisitos para comelas seguindo o mitzvá. Os xudeus sefardís utilizan follas de pirixel e de apio e cebola.
  • Charoset, é unha masa doce de cor castaña que representa a argamasa usada polos escravos xudeus para construíren alpendres ou pirámides. Nas comunidades azkhezani faise tradicionalmente de noces trinzadas, mazás reladas, canela e viño tinto doce; e nas comunidades seferdís ademais das noces trinzadas, canela e viño engádenlle mel e dátiles.
  • Karpas, unha verdura ou herba amarga mollada en moira ao comezo do Séder. É común utilizar pirixel, apio ou pataca cocida. O remollo en auga salgada (representando as bágoas) reflicte a aflición sentida polos escravos xudeus. A diferenza da cea do shabbat ou dun festivo xudeu cando a primeira cousa que se come logo do kiddush co viño é pan, no Séder é unha verdura, o que leva ao recitado da pregunta, Ma Nishtana — "Por que é esta noite diferente de todas as outras noites?". Tamén simboliza a época da primavera, xa que para os xudeus a Pessach é tamén unha festa de primavera.
  • Zeroá, é a única carne no Séder. É unha canela de año ou cabra, ou ben unha á ou pescozo de polo, simbolizando o korban Pessach, o sacrificio de Pessach, un año ofrecido no Templo de Xerusalén que logo se asaba e comido como parte da noite de Séder.
  • Beitzah, un ovo cocido, simbolizando o korban chagigah (festival do sacrificio) que se ofrecía no Templo de Xerusalén, representado por un ovo, como símbolo de loito, xa que o ovo era o primeiro alimento servido despois dun funeral, lembrando a idea do loito pola destrución do Templo.