Katrín Jakobsdóttir

política islandesa

Katrín Jakobsdóttir, nada en Reiquiavik1 de febreiro de 1976, é unha política islandesa e a Primeira Ministra de Islandia dende 2017. Membro do Althing (parlamento islandés) dende 2007, foi ministra de Educación, Ciencia e Cultura entre o 1 de febreiro de 2009 e o 23 de maio de 2013,[1] e presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð) dende o 23 de febreiro de 2013.

Katrín Jakobsdóttir
Nacemento1 de febreiro de 1976
Lugar de nacementoReiquiavik
NacionalidadeIslandia
Alma máterUniversidade de Islandia e Universidade de Islandia
Ocupaciónpolítica e ecoloxista
NaiSigny Thoroddsen
IrmánsÁrmann Jakobsson e Sverrir Jakobsson
Na rede
IMDB: nm1822897 Facebook: 241503652726 Twitter: katrinjak Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Educación editar

Katrín graduouse na Universidade de Islandia en 1999 como licenciada en islandés e francés, e en 2004, pola mesma universidade, obtivo un mestrado en artes. A súa tese versou sobre a obra do escritor islandés de novela negra Arnaldur Indriðason.[1]

Carreira política editar

En 2007 foi elixida parlamentaria pola circunscrición norte de Reiquiavik. No parlamento integrou os comités de educación e cultura, e de economía e impostos.

En febreiro de 2009, logo de que o goberno de centrodereita dirixido por Geir H. Haarde dimitise por mor das protestas polo negativo impacto da crise financeira en Islandia, Katrín pasou a formar parte dun goberno provisional integrado polo seu partido en coalición coa Alianza Socialdemócrata, no que asumiu o cargo de ministra de Educación, Ciencia e Cultura.[2] O 26 de abril de 2009, logo dunha contundente vitoria electoral da coalición de socialdemócratas, esquerdas e verdes, foi confirmada no seu ministerio.[3]

Como ministra, Katrín levou adiante unha novidosa política de promoción da industria creativa como medio para remontar os efectos da crise económica financeira.[4] Deixou o seu cargo o 23 de maio de 2013, despois de que as eleccións de 27 de abril de 2013 desen a vitoria á oposición de centrodereita.[5]

O 23 de febreiro de 2013 foi elixida presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð).

O 30 de novembro de 2017 asumiu o cargo como primeira ministra de Islandia, unha vez que se logrou unha coalición entre o Movemento de Esquerda-Verde, o Partido da Independencia e o Partido Progresista, que xuntos sumaron 35 dos 63 escanos do Althing.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Secretariat of Althingi (ed.). "Katrín Jakobsdóttir" (en islandés). Consultado o 31 de xaneiro de 2009. 
  2. "Katrín Jakobsdóttir". Secretaria del Althing. Consultado o 26 de abril de 2009. 
  3. «Islandia da la victoria a la izquierda» Arquivado 10 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Reuters España, 26 de abril de 2009. Consultado o 22 de xuño de 2016.
  4. «Viaje al milagro cultural islandés» El País, 3 de marzo de 2013. Consultado o 11 de abril de 2014
  5. "El centredreta tornarà a governar Islàndia després de quatre anys" (en catalán). 324.cat. 28 de abril de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  6. Finnsson, Geir (30 de novembro de 2017). "Katrín Jakobsdóttir Becomes Prime Minister of Iceland". Iceland Review (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar