Katame-waza (en xaponés: 固め技) é o termo que designa nas artes marciais do Xapón as técnicas dirixidas a limitar os movementos do opoñente, inmobilizalo ou sometelo a control extremo, de forma que non ofreza máis perigo de ataque.[1][2]

O grupo de técnicas do Katame-waza subdivídise en osae-komi-waza (técnicas de inmovilización), shime-waza (técnicas de estrangulamento) e kansetsu-waza (técnicas de luxación).[3]

Judo editar

O grupo de técnicas do Katame-waza do Kodokan inclúe actualmente 10 técnicas osae-komi-waza (inmovilización), 12 técnicas shime-waza (estrangulamento) e 10 técnicas kansetsu-waza (luxación),[4] aínda que orixinalmente só eran 7 as técnicas de inmovilización propostas por Jigoro Kano.

Osae-komi-waza (10 técnicas) editar

Nas técnicas de inmovilización, o opoñente (Uke) inmovilizase dende arriba, fixando as súas costas contra o tatami, e normalmente mirando cara ao judoka que executa a acción (Tori). O obxectivo destas técnicas é manter de maneira continuada o control do opoñente, de tal maneira que non poida liberarse durante un tempo determinado. Na competición actual, este tempo é de 20 segundos.

Uke acadará romper o control cando agarre o corpo ou pernas de Tori coas súas pernas, ou cando o ángulo entre as súas costas e o chan sexa maior de 90 graos.

O Kodokan actualmente recoñece as seguintes técnicas como osae-komi-waza[4]:

  1. (Hon-)Kesa-gatame
  2. Kuzure-kesa-gatame
  3. Ushiro-kesa-gatame
  4. Kata-gatame
  5. Kami-shiho-gatame
  6. Kuzure-kami-shiho-gatame
  7. Yoko-shiho-gatame
  8. Tate-shiho-gatame
  9. Uki-gatame
  10. Ura-gatame

Shime-waza (12 técnicas) editar

Nas técnicas de estrangulamento, Tori emprega as súas mans, brazos ou pernas ao redor do pescozo ou nas solapas do judogi de Uke, para aplicar unha presión controlada sobre a súa traquea ou nas súas arterias carótidas.

O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como shime-waza[4]:

  1. Nami-juji-jime
  2. Gyaku-juji-jime
  3. Kata-juji-jime
  4. Hadaka-jime
  5. Okuri-eri-jime
  6. Kataha-jime
  7. Katate-jime
  8. Ryote-jime
  9. Sode-guruma-jime
  10. Tsukkomi-jime
  11. Sankaku-jime
  12. Do-jime, técnica prohibida na competición.

Kansetsu-waza (10 técnicas) editar

As técnicas de luxación están dirixidas as articulacións de opoñente, sendo estas retorcidas, estricadas ou pregadas, empreando para iso as mans, brazos ou pernas.

O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como kansetsu-waza[4]:

  1. Ude-garami
  2. Ude-hishigi-juji-gatame
  3. Ude-hishigi-ude-gatame
  4. Ude-hishigi-hiza-gatame
  5. Ude-hishigi-waki-gatame
  6. Ude-hishigi-hara-gatame
  7. Ude-hishigi-ashi-gatame
  8. Ude-hishigi-te-gatame
  9. Ude-hishigi-sankaku-gatame
  10. Ashi-garami, técnica prohibida na competición.

Referencias editar

  1. Arus, Emeric (2012). CRC Press, ed. Biomechanics of Human Motion: Applications in the Martial Arts (en inglés). p. 277. 
  2. Murat, Richard (2005). Atlantic Publishers, ed. Karate For Beginners And Advanced (en inglés). p. 69. 
  3. Kano, Jigoro (1986). Kodansha International, ed. Kodokan Judo (en inglés). Xapón. p. 55. ISBN 978-1-56836-539-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Kodokan Judo Institute (ed.). "Names of Judo Techniques". Consultado o 19 de novembro de 2017.