O complexo relixioso de Karnak, comunmente coñecido simplemente como Karnak, abrangue un extenso conxunto de ruínas de templos, capelas, pilonos e outras construcións. A edificación do complexo comezou durante o reinado de Sesostris I no Imperio Medio continuando ata a época dos Tolomeos, aínda que a maior parte dos edificios datan do Imperio Novo, época na que se converteu no principal centro cerimonial[1]. A área arredor de Karnak denominábase Ipet-isut ("O máis apreciado dos lugares") e era o lugar principal de culto da tríade tebana da dinastía XVIII co deus Amón á súa cabeza. Forma parte da cidade monumental de Tebas e o complexo dálle o seu nome á aldea moderna de Al-Karnak, a 2,5 km. ao norte de Luxor. É un lugar turístico, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979 como un elemento da Antiga Tebas e a súa necrópole.

Karnak
Tipoxacemento arqueolóxico
Data de fundación3200 a. C.
Fundador(es)Senuseret I
Nomeado en referencia aKarnak
EnLuxor e Karnak
PaísExipto
25°43′07″N 32°39′27″L / 25.71874, 32.6574
editar datos en Wikidata ]
Plano dos templos de Karnak

Edificacións editar

 
Columnas da gran sala hipóstila de Karnak

Recinto de Amón-Ra editar

É o meirande dos recintos do complexo, dedicado a Amón-Ra, a principal deidade da tríade tebana. Situado entre os outros dous templos é o único aberto ao público, presenta varias estatuas colosais, entre elas a de Pinedjem I de 10,5 metros de altura. Tamén ten un dos meirandes obeliscos, de 29 metros de altura e 328 toneladas[2][3] pero a parte máis célebre é a sala hipóstila, composta de 134 columnas papiriformes, decoradas con baixorrelevos, que sostiñan unha cuberta alintelada.

Recinto de Mut editar

Localízase ao sur do Recinto de Amón-Ra, e está dedicado á deusa nai Mut, identificada como a muller de Amón-Ra na tríade tebana da XVIII dinastía. Asociado ao recinto existen unha serie de pequenos templos e conta co seu propio lago sagrado, en forma de media lúa. As súas pedras utilizáronse para construír outras estruturas, tamén se atoparon centos de ídolos e estatuas derrubadas no centro do recinto.

Recinto de Montu editar

Localízase ao norte do de Amón-Ra e é moito máis pequeno que este, está dedicado ao fillo de Amón-Ra e Mut, Montu o deus da guerra

Notas editar

  1. Sondereguer, César (2006) Pirámides y templos: de Egipto y América : fundamentos ideológicos, morfoproporcionalidad, crítica estética Nobuko, p. 45
  2. Walker, Charles, 1980 "Wonders of the Ancient World" pp24–7
  3. "The Seventy Wonders of the Ancient World", editado por Chris Scarre (1999) Thames & Hudson, London