Karl Kling, nado en Gießen o 16 de setembro de 1910 e finado en Gaienhofen (lago Constanza) o 18 de marzo de 2003, foi un piloto de automobilismo alemán. Participou en 11 Grandes Premios de Fórmula 1, debutando o 4 de xullo de 1954. Logrou 2 podios e anotou un total de 17 puntos de campionato.

Infotaula de personaKarl Kling

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Gießen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte18 de marzo de 2003 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Hemmenhofen, Alemaña (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Düsseldorfer Automobil- und Motorsport-Club 05 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 9f321850-3f42-442e-acea-931ea41d5de0 Discogs: 1365563 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dise que naceu demasiado tarde e demasiado pronto. Demasiado tarde para estar no exitoso equipo de Mercedes dos anos 30 e demasiado pronto para ter unha oportunidade real en 1954 e 1955. Infrecuentemente, Kling atopou o seu xeito no automobilismo a través do seu primeiro traballo como empregado na recepción en Daimler-Benz a mediados dos anos 1930, competiu en hillclimbs e carreiras de probas en coches de produción no seu tempo libre. Durante a segunda guerra mundial gañou a experiencia mecánica prestando servizo ás aeronaves da Luftwaffe, e logo da cesación de hostilidades retomou a súa implicación no automobilismo nun BMW 328.

Kling foi básico no desenvolvemento para o regreso de Mercedes á competencia internacional a principios dos anos 1950, e a súa vitoria na Carreira Panamericana de 1952, pilotando o entón experimental Mercedes-Benz 300SL, foi o punto definitorio que asegurou á xerencia de Daimler-Benz que o automobilismo tiña un lugar no futuro de Mercedes. Chamado para reanimar a escuadra de Mercedes Grand Prix en 1954, terminou menos dun segundo detrás do lendario Juan Manuel Fangio no seu debut na Fórmula Un. Logrando o segundo lugar no Gran Premio de Francia de 1954 no rápido circuíto de Reims-Gueux. Este comezo prometedor non durou, e coa chegada de Stirling Moss en Mercedes en 1955 Kling foi degradado efectivamente como terceiro piloto. Lonxe do Campionato Mundial, Kling obtivo vitorias impresionantes tanto no Gran Premio de Berlín (en AVUS, outro circuíto de alta velocidade), e no Gran Premio de Suecia. Deixou o equipo de Fórmula Un ao final da tempada, para suceder a Alfred Neubauer como o xefe do automobilismo de Mercedes. Estaba neste cargo durante as súas exitosas campañas nos rallys dos anos 60, tomando ocasionalmente o volante dos mesmos. Nunha ocasión levou un Mercedes-Benz 220SE á vitoria no gran mitin trans-africano de 1961 Alxer - Cape Town.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 Daimler-Benz AG Mercedes W196 Mercedes 8L ARX 500 BEL FRA
2
GBR
7
ALE
4
SUI
Ret
ITA
Ret
ESP
5
12
1955 Daimler-Benz AG Mercedes W196 Mercedes 8 L ARX
4*
MON 500 BEL
Ret
NED
Ret
GBR
3
ITA
Ret
11º 5

* Compartido con Stirling Moss e Hans Herrmann.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Karl Kling, G. Molter, Pursuit of Victory. Bodley Head. Londres, 1956.

Ligazóns externas editar