Karen Blanche Black, nada co apelido Zieger en Park Ridge o 1 de xullo de 1939 e finada en Santa Monica o 8 de agosto de 2013, foi unha actriz norteamericana.

Infotaula de personaKaren Black
Biografía
Nacemento(en) Karen Blanche Ziegler Editar o valor em Wikidata
1 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata
Park Ridge (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro da ampolla de Vater Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaEternal Hills Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCiencioloxía Editar o valor em Wikidata
EducaciónMaine East High School (en) Traducir
Universidade Northwestern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , compositora , actriz de televisión , actriz de teatro , cantautora , cantante , guionista , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeStephen Eckelberry (en) Traducir (1987–2013)
L. M. Kit Carson (pt) Traducir (1975–1983) Editar o valor em Wikidata
FillosHunter Carson (pt) Traducir
 () L. M. Kit Carson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGail Brown Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000947 Allocine: 4455 Rottentomatoes: celebrity/karen_black Allmovie: p82001 TCM: 16780 TV.com: people/karen-black IBDB: 32165
Musicbrainz: f3d82d5c-4d16-4931-98bd-c5ae6e8aaf12 Songkick: 1227007 Discogs: 958911 WikiTree: Ziegler-1475 Find a Grave: 115134109 Genius: Karen-black Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Black naceu nunha cidade dos suburbios de Chicago, filla de Elsie Mary (de solteira, Reif), escritora de novelas infantís e de Norman Arthur Ziegler, empresario e enxeñeiro[1][2][3]. Seu avó, Arthur Charles Ziegler, foi violinista da Orquestra Sinfónica de Chicago[4] e unha das súas irmás, Gail Brown, foi tamén actriz e tiña tamén un irmán. Black era de orixe alemá, checa e norueguesa[5][6] e o apelido familiar, Ziegler, procedía da aldea de Neukirch en Rottweil (Baden-Württemberg).

Black e os seus irmáns pasaban tempadas na granxa de seu tío nas proximidades de Green Bay en Wisconsin[7]}}, amante do teatro, traballou a partir dos 13 anos en teatros estivais e con 17 anos logrou o seu primeiro traballo pagado como actriz [1]. Tras a súa graduación do instituto en 1957 casou con Charles Black e aínda que o matrimonio durou pouco tempo Karen mantivo o apelido[1] e logo pasou a estudar na Universidade Northwestern e alí elixiu especializarse en arte dramática[8] con Alvina Krause[9]. Así e todo, non completou a súa formación, deixando a universidade despois de dous anos[1]. Non obstante, en Chicago logrou o seu primeiro papel no cinema, foi no filme indepentente The Prime Time [10].

1960-1970: Inicios en Nova York e nos Ánxeles editar

Despois de marchar da universidade aveciñouse en Nova York coa arela de traballar como actriz, alugou un apartamento sen auga quente en Manhattan [1] e para sobrevivir traballou como secretaria e recepcionista [5], chegou a inscribiuse no Actor's Studio pero ao pouco abandonouno, decepcionada[1]. En decembro de 1961 logrou un traballo en Broadway como actriz suplente[11] na peza Take Her, She's Mine de Henry e Phoebe Ephron que dirixiu George Abbott e puido actuar en teatros alleos ao circuíto de Broadway con pezas como We're Civilized (1962) [12] ou Twelfth Night (1963) [13] e a súa participación en Mary Poppins (1965[14]) de Rockefeller Players abriulle as portas para actuar en Broadway[15] na obra The Playroom que dirixida por Joseph Anthony tivo a súa estrea o 5 de decembro de 1965[16].

En 1966 logrou un papel dunha das protagonistas do filme You're a Big Boy Now de Francis Ford Coppola, a súa interpretación acolleuse favorablemente e a experiencia levouna a instalarse nos Ánxeles[1] e ao longo de 1967 e 1968 apareceu en episodios de series de televisión como The F.B.I., Run for Your Life, The Big Valley, The Iron Horse, The Invaders, Mannix ou Adam-12. En 1969 interpretou o papel dunha prostituta consumidora de LSD no filme icónico da contracultura Easy Rider nunha escena salvaxe que foi froito de 16 horas de rodaxe con Peter Fonda, que quedou impresionado coa actuación de Black, e Dennis Hopper[17].

Pola súa interpretación da camareira Rayette, moza de Jack Nicholson, no filme de 1970 Five Easy Pieces recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria, logrou o seu primeiro Globo de Ouro á mellor actriz secundaria, e ademais tamén se fixo co premio do New York Film Critics Circle á mellor actriz secundaria.

1971-1979: Consolidación editar

 
Black co seu segundo marido Robert Burton en 1973

Black nun papel secundario encarnou á moza dun heroinómano no filme Born to Win (1971) con George Segal e Robert De Niro[1] e deseguido tivo tamén un papel no debut como director de Jack Nicholson, Drive, He Said como unha esposa promiscua, apareceu tamén no western A Gunfight con Kirk Douglas e Johnny Cash como unha camareira dun salón. En 1972 continuou como actriz secundaria en filmes como Cisco Pike (1972) con Kris Kristofferson e Gene Hackman e en Portnoy's Complaint (1972) e en protagonizcou con Christopher Plummer o filme canadense de terror The Pyx (1973) no que intertretaba unha prostituta envolveita nunha serie de asasinatos ocultos, e máis tarde apareceu en The Outfit (1973) con Robert Duvall. En 1973 tamén tivo un papel principal en Little Laura and Big John (1973) como a moza fuxitiva de John Ashley, un filme que arremedaba o éxito de Bonnie e Clyde (1967).[18]. En abril de 1973 casou co actor Robert Burton nos Ánxeles [19], o matrimonio durou ata que se divorciaron en 1974[20][21] e pouco despois apareceu na comedia Rhinoceros (1974) con Gene Wilder[22].

En 1974 participou en Airport 1975, a súa primeira participación importante nun éxito comercial, no que encarnaba a Nancy Pryor, a azafata que se vía forzada a pilotar un avión durante un accidente[8]. En The Great Gatsby (1974) deu vida a Myrtle Wilson, a amante de Tom Buchanan e que lle valeu o seu segundo Globo de Ouro na mesma categoría. En 1975 representou múltiples papeis no telefilme antolóxico de terror de Dan Curtis, Trilogy of Terror e que a converteu na raíña do terror da década de 1970[23]. Polo seu papel de rapaza na procura do éxito no Hollywood da década de 1930 no drama tráxico realizado por John Schlesinger en 1975 The Day of the Locust recibiu a súa terceira candidatura aos Globos de Ouro, así e todo, para Black a rodaxe do filme foi unha mala experiencia, e afirmou que posiblemente fora a causa de non ter mellores oportunidades en Hollywood[9]. No filme de Robert Altman Nashville, tamén de 1975, encarnou unha glamurosa cantante de country, e ademais escribiu e cantou dúas das cancións para a banda sonora, que nos Grammy de 1976 foi unha das candidatas á mellor banda sonora[17].

 
Como Susan Winters en Un ás na manga
 
Karen Black nunha foto para a prensa da súa interpretación en The Strange Possession of Mrs. Oliver

En 1976 encarnou unha femme fatale, a ladra de alfaias na derradeira das película de Alfred Hitchcock, A trama.[22] e aínda que o filme recibiu críticas regulares, críticos como Roger Ebert gabaron o bo traballo de Black[24] e baixo o director Dan Curtis rodou con Oliver Reed e Bette Davis o filme de terror sobrenatural Burnt Offerings interpretando á esposa dunha familia que vive nunha casa encantada que apareceu no outono de 1976 e que recibiu boas críticas pola interpretación dos seus actores[25] e pola que Karen Black recibiu o premio á mellor actriz do Festival de Sitges de 1977. E ademais, en 1976 protagonizou o filme independente Un ás na manga con Omar Sharif que recibiu malas críticas[26].

En setembro de 1976 viaxou a Toronto para participar como convidada no popular programa de televisión canadense The Bobby Vinton Show, que emitían de xeito sindicado moitas canles locais dos Estados Unidos. Black interpretou a canción "Lonely Now", e conxuntamente con Bobby un popurrí de clásicos do country. En 1977 protagonizou o telefilme de terror The Strange Possession of Mrs. Oliver, en 1978 realizou un papel menor en Capricornio I con Elliott Gould e en 1979 no controvertido drama In Praise of Older Women encarnou unha muller de media idade que ten unha aventura cun adolescente de 17 anos[27].

1980-1985: Telefilmes, teatro, cinema internacional e independente editar

En 1980 protagonizou o telefilme Police Story: Confessions of a Lady Cop e o ano seguinte o filme sueco-australiano Killing Heat que se basea na novela de Doris Lessing The Grass Is Singing sobre as relacións raciais en África do Sur e na que Black interpreta unha muller urbana que se establece nunha granxa co seu home[28]. Tamén encarnou a Émilienne d’Alençon no filme francés de 1981 Chanel Solitaire, unha biografía dos primeiros anos de Coco Chanel.

En 1982 protagonizou con Cher e Sandy Dennis a produción de Broadway dirixida por Robert Altman Come Back to the Five and Dime, Jimmy Dean, Jimmy Dean[29]e a súa adaptación ao cinema, tamén con estrea en 1982[17]. En ámbolos casos, interpretou o papel de Joanne, unha muller transxénero nunha pequena vila de Texas[17]. Para preparar a súa personaxe, Black, pasou varios meses falando con xente transxénero e intentando comprender como se sentían as persoas que experimentaban a necesidade de cambiar o xénero co que naceran"[30]. Malia algunhas críticas negativas pola súa interpretación no teatro[31] no cinema os críticas eloxiaron o seu papel[31]

En 1983 protagonizou a comedia de Henry Jaglom Can She Bake a Cherry Pie? e en 1984 a comedia negra Bad Manners. En 1984 e 1985 apareceu en tres episodios da comedia E/R da CBS e en varias longametraxes, entre elas na película de explotación italiana de terror Inferno in diretta de Ruggero Deodato, o filme de terror sobrenatural canadense The Blue Man e o filme de acción Savage Dawn.

1986–2002: Cinema independente e de terror editar

En 1986, Black protagonizou co seu fillo, Hunter, o filme de terror de ciencia ficción Invaders from Mars de Tobe Hooper e no ano seguinte foi unha nai dun mutante na secuela de terror It's Alive III: Island of the Alive e en 1988 dun mozo invisible en The Invisible Kid (1988). Protagonizou con Jim Belushi e Whoopi Goldberg Homer and Eddie en 1989, unha comedia sobre unha muller cunha enfermidade terminal (Goldberg) e un home cunha certa discapacidade intelectual (Belushi).[32]. En 1990 Black realizou un papel secundario en The Children, unha adaptación británica dunha novela de Edith Wharton e na comedia de ficción científica Zapped Again!. A partir de 1990 apareceu sobre todo en filmes de terror, entre eles Mirror, Mirror (1990), Evil Spirits (1990) e Children of the Night. Non obstante, tamén tivo interpretou outro tipo de papeis, como na comedia británica Rubin and Ed (1991), o filme de artes marciais The Roller Blade Seven (1991), e unha pequena aparición no filme de Robert Altman The Player (1992). Nas secuelas de Roller Blade Seven de 1992 e 1993 e na comedia que saíu directamente en vídeo The Double 0 Kid (1993) con Corey Haim e Nicole Eggert. Tamén en 1993 tivo un papel secundario no drama de George Sluizer Dark Blood con River Phoenix e Judy Davis, un filme que permaneceu sen completar e sen saír ao mercado durante dúas décadas ao morrer Phoenix durante a produción[33] En 1995 protagonizou Plan 10 from Outer Space, un filme de ciencia ficción, sátira da teoloxía mormona, que dirixiu Trent Harris.

En 1996 deu vida á muller paranoica dunha pequena vila de Nebrasca de Children of the Corn IV: The Gathering con Naomi Watts[34] e nese ano realizou varios papeis secundarios en filmes independentes, nos que salientaron o papel de avogada de oficio no drama de Ulli Lommel Every Minute is Goodbye,[35] e o que fixo na comedia de explotación Dinosaur Valley Girls.Klossner, Michael (2005). Prehistoric Humans in Film and Television: 581 Dramas, Comedies and Documentaries, 1905-2004. Jefferson, North Carolina: McFarlan. p. 49. . Ao ano seguinte protagonizou con Tilda Swinton o filme de ciencia ficción feminista Conceiving Ada (1997), sobre unha científica que emprega un programa informático para contactar coa pioneira da programación informática Ada Lovelace, filla do poeta Lord Byron[36] e realizou papeis secundarios no drama Men, e o dunha cantante no Missouri rural en Dogtown de George Hickenlooper[37].

Ao longo de 1998 continuou a aparecer en varios filmes independentes, como na comedia I Woke Up Early the Day I Died,[38] ou no drama Charades, así como na curtametraxe Waiting for Dr. MacGuffin.[39]. No ano 2000 Black actuou no debut como director de Rob Zombie House of 1000 Corpses, no que encarnaba a Mother Firefly, a nai dunha familia de asasinos psicóticos, e malia a recibir na súa estrea en 2003 críticas pésimas[40] reforzou o seu status como icona de culto do xénero de terror[41].

2003–2013: Figura de culto editar

 
Black en 2010

A súa figura consolidouse como de culto entre os afeccionados ao terror, e en marzo de 2005 recibiu ao premio á mellor actriz no Festival Internacional Fantasporto de Porto polo seu traballo, unanimemente aclamado pola crítica [42], Firecracker de Steve Balderson no que interpretou dous papeis, Sandra e Eleanor.

En maio de 2007 estreou unha obra teatral da súa autoría: Missouri Waltz no Blank Theater dos Ánxeles e interpretou en directo historias do filme experimental de Guy Maddin Brand Upon the Brain! nunha xira polos Estados Unidos[43]. En 2009 traballou co director Steve Balderson en Stuck!, unha homenaxe ás mulleres presas do cinema negro, con Mink Stole, Pleasant Gehman e Jane Wiedlin de The Go-Go's. En 2009 protagonizou Some Guy Who Kills People de John Landis[44] e a curtametraxe surrealista de Aïda Ruilova Meet the Eye[45].

Karen Black está considera unha figura prominente do Novo Hollywood[20][46], ás veces descrita como unha icona do cinema independente norteamericano[47]. Karen Black rematou a súa carreira cinematográfica en 2010 ao detectarlle un cancro e morreu no Saint John's Health Center de Santa Monica o 8 de agosto de 2013.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Segrave, Kerry e Martin, Linda (1990). The Post-Feminist Hollywood Actress: Biographies and Filmographies of Stars Born After 1939. Jefferson, North Carolina: McFarland. pp. 85–86. 
  2. Frisbie, Thomas (18 de xuño de 2008). "Elsie "Peggy" Ziegler: Wrote history-based books for young adults". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 07 de setembro de 2020.  (require subscrición)
  3. Moritz, Charles; et al. (1977). Current Biography Yearbook 1976. H. W. Wilson Co. p. 42. 
  4. "Karen Black Biography". Yahoo! Movies. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 07 de setembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Peru, Coco; Black, Karen (23 de outubro de 2010). An Evening with Karen Black, Part 1. Conversations with Coco. (Entrevista). Los Angeles Gay and Lesbian Center. Escena en 13:30. 
  6. "Karen Blanche Ziegler: Zellner Family Genealogy". The Zellners of Birmingham, Alabama, USA and associated families. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. 
  7. Elder, Roger K. (19 de setembro de 2008). "Karen Black reflects on her life and career". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Trounson, Rebecca (10 de agosto de 2013). "Karen Black dies at 74; actress starred in 'Five Easy Pieces' and 'Easy Rider'". Los Angeles Times. 
  9. 9,0 9,1 Simon, Alex (9 de outubro de 2013) [2007]. "Karen Black Dances the Missouri Waltz". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. 
  10. "'Five Easy Pieces' Actress Karen Black Dies at 74". The Hollywood Reporter. 8 de agosto de 2013. 
  11. "Take Her, She's Mine". ibdb. 
  12. "We're Civilized". iobdb. 
  13. "Twelfth Night". iobdb. 
  14. "B'nai B'rith Women Bring Mary Poppins Show for Children". Jewish News. 1 de novembro de 1965. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 07 de setembro de 2020. 
  15. "The Playroom Will Continue". The Record. 28 de decembro de 1965. 
  16. "The Playroom". ibdb. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Del Barco, Mandalit (9 de agosto de 2013). "Karen Black, Strange And Lovely, And Always Game". NPR. 
  18. Segrave & Martin 1990, pp. 86, 90–91.
  19. Segrave & Martin 1990, p. 87.
  20. 20,0 20,1 Gilbey, Ryan (9 de agosto de 2013). "Karen Black obituary". The Guardian (Manchester). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2013. 
  21. "Overview for Karen Black". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2016. 
  22. 22,0 22,1 Segrave & Martin 1990, p. 90.
  23. Knipfel, Jim. "Karen Black's Horror Tour de Force, Trilogy of Terror (1975)". Den of Geek. Consultado o 10 de agosto de 2013. 
  24. Ebert, Roger (12 de abril 1976). "Family Plot". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. 
  25. "'Burnt Offerings' Is an Outstanding Terror Movie". The New York Times. 30 de setembro de 1976. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. 
  26. Siskel, Gene. "Six films with no Oscar hopes—or much of anything else". Chicago Tribune, 5 de maio de 1976. Section 4, p. 4
  27. Segrave & Martin 1990, p. 88.
  28. Weldon, Michael (1996). The Psychotronic Video Guide To Film. New York: Macmillan. p. 314. 
  29. "Karen Black". Playbill. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. 
  30. Beck, Byron (9 de xullo de 2002). "The Voluptuous Allure of Karen Black". Willamette Week. Portland, Oregon. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. 
  31. 31,0 31,1 Arnold, Gary (19 de novembro de 1982). "Riding the 'Come Back' Trail 'Jimmy Dean': Altman's New Triumph". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. 
  32. Hinson, Hal (26 de febreiro de 1990). "‘Homer and Eddie’". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2013. 
  33. Van Hoeij, Boyd (22 de outubro de 2012). "Review: 'Dark Blood'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2014. 
  34. "'Five Easy Pieces' Actress Karen Black Dies at 74". The Hollywood Reporter. 8 de agosto de 2013. 
  35. Lucas, Tim; Lucas, Donna. "Reviews: Every Minute Is Goodbye". Video Watchdog (Cincinnati, Ohio: Tim and Donna Lucas) (43–48): 47. ISSN 1070-9991. 
  36. Holden, Stephen (26 de febreiro de 1999). "'Conceiving Ada': Calling Byron's Daughter, Inventor of a Computer". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. 
  37. McCarthy, Todd (20 de abril de 1997). "Review: 'Dogtown'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. 
  38. Gleiberman, Owen (17 de setembro de 1999). "I Woke Up Early the Day I Died". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. 
  39. "Waiting for Dr. MacGuffin". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2018. 
  40. "House of 1000 Corpses". Rotten Tomatoes. Consultado o August 22, 2019. 
  41. Lederhandler, Marty (8 de agosto de 2013). "Karen Black, Oscar-nominated actress and cult horror film icon, dies at 74". KPCC. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2013. 
  42. "Firecrackers". Rotten Tomatoes. 
  43. Johnson, Barry (21 de outubro de 2007). "Interview: Karen Black, the ultimate indie actor". The Oregonian. Portland, Oregon. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. 
  44. Barton, Steve (20 de xaneiro de 2010). "Some Guy Who Kills People Casting News". Dread Central. 
  45. "Aïda Ruilova". Hammer Museum. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. 
  46. Dyess-Nugent, Phil. "R.I.P. Karen Black". The A.V. Club. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. 
  47. Feinstein, Howard (11 de maio de 2004). "Bet on black: how Hollywood's off-center icon Karen Black wound up singing on the set of the new gay independent film Gypsy 83". The Advocate. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019.