Charles Frederick Kiraly, nado en Jackson (Míchigan) o 13 de novembro de 1960 é un xogador de voleibol estadounidense nas modalidades de sala e praia, coñecido como Karch Kiraly.

Infotaula de personaKarch Kiraly

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Jackson, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Santa Barbara High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura190 cm Editar o valor em Wikidata
Peso86 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvoleibolista , xogador de voleibol praia Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteVolei de praia Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- UCLA Bruins men's volleyball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996Volei de praia
1988Xogos Olímpicos de 1988Voleibol
7 de agosto de 1987volleyball at the 1987 Pan American Games – men's tournament (en) Traducir
1986Campeonato Mundial de Voleibol Masculino de 1986 (pt) Traducir
1984Xogos Olímpicos de 1984Voleibol Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0456086 Olympic.org: charles-kiraly Editar o valor em Wikidata

Participou en tres Xogos Olímpicos, obtendo en cada edición unha medalla de ouro: nos Ánxeles 1984 e Seúl 1988 en voleibol e en Atlanta 1996 en volei praia.[1] Tamén gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Voleibol de 1986 e unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Volei Praia 1997.[2]

Palmarés editar

Voleibol editar

Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Torneo
1984 Os Ánxeles (  Estados Unidos) Ouro Masculino
1988 Seúl (  Corea do Sur) Ouro Masculino
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Torneo
1986   Francia Ouro Masculino

Volei praia editar

Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Parella
1996 Atlanta (  Estados Unidos) Ouro Kent Steffes
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Parella
1997 Os Ánxeles (  Estados Unidos) Bronce Dain Blanton

Outras ocupacións editar

Comentarista editar

Kiraly traballou como comentarista para ESPN e tamén traballou como analista para NBC Sports durante a cobertura da competición de volei praia nos Xogos Olímpicos de 2008.[3]

Carreira como adestrador editar

Kiraly comezou a adestrar no St. Margaret's Episcopal High School, onde xogaban os seus fillos, Kristian e Kory.[4] En 2012 foi nomeado adestrador xefe da selección feminina estadounidense para os Xogos Olímpicos de 2016.[5] En outubro de 2014 participou no Campionato do Mundo en que os Estados Unidos venceron á China na final, o que fixo de Kiraly a cuarta persoa que gañaba unha medalla de ouro nun campionato do mundo como xogador e como adestrador.[6]

Nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, os Estados Unidos obtiveron a medalla de bronce , co que Kiraly se converteu no cuarto xogador que gañou medallas como xogador e como adestrador.[7]

Vida persoal editar

Kiraly reside en San Clemente, California, coa súa esposa Janna. O seu pai, Laszlo Kiraly, xogou co equipo nacional júnior de voleibol de Hungría.[4] Kiraly estudou bioquímica na universidade e pensou en estudar medicina.[4]

Kiraly traballou coidando a Misty May-Treanor cando era novo.[8]

Notas editar

  1. «Karch Kiraly» Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
  2. «Karch Kiraly». Base de datos de la FIVB (en inglés).
  3. Frager, Ray (16 July 2008). "Your NBC Olympics lineup". The Baltimore Sun. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Price, Shawn (6 de maio de 2007). "Digging life, on and off sand". Orange County Register. Consultado o 8 de outubro de 2013. 
  5. Kauffman, Bill (10 de setembro de 2012). "Karch Kiraly Named U.S. Women’s National Volleyball Team Head Coach" (Nota de prensa). USA Volleyball. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  6. Snyder, Charlie (12 de outubro de 2014). "VICTORY! U.S. Women Win First World Championship" (Nota de prensa). USA Volleyball. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  7. "Questions asked and questions answered as curtain falls on Rio 2016" (Nota de prensa). Rio 2016 Fédération Internationale de Volleyball. 22 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  8. Barrett, Jane (24 de xullo de 2008). "U.S. golden girls appear unstoppable". Reuters. Consultado o 21 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar