O Kanchenjunga é a terceira montaña máis elevada da Terra con 8.586 msnm. Está situado na fronteira entre Nepal e o estado indio de Sikkim. Durante a primeira metade do século XIX, foi considerado como a cima máis elevada da Terra, pero en 1849, os servizos topográficos británicos comprobaron que o Everest e o K2 tiñan maior altura. O Kanchenjunga é o máis oriental dos "oitomil" do Himalaia.

O Kanchenjunga desde Gangtok na alba.

Área circunstante editar

A zona que contorna o Kangchenjunga é unha área que presenta tres diferentes ecorrexións: os bosques de frondosas do Himalaia oriental e os bosques de coníferas, os prados alpinos do Himalaia oriental e as sabanas e praderías de Terai-Duar[1] e que está baixo a soberanía de varios países, Bután, a China, a India e Nepal abranguendo 14 áreas protexidas cunha superficie total de 6032 km2 [2]

Nesas áreas protexidas danse especies de plantas como os rododendros e orquídeas e habitan moitas especies en perigo como a Pantera uncia, Ursus thibetanus, Ailurus fulgens, Moschus leucogaster, Ithaginis cruentus e a Arborophila mandellii.[2]

 
Cara leste do Kanchenjunga

Ascensións editar

O Kanchenjunga foi escalado por vez primeira o 25 de maio de 1955, por George Band e Joe Brown, nun equipo dirixido por Charles Evans. Os primeiros intentos datan de 1902, e na expedición morreran catro membros do equipo por causa dunha avalancha.

Notas editar

  1. Wikramanayake, E. D. (ed.) (2001). World Wildlife Fund and International Centre for Integrated Mountain Development, ed. Ecoregion-based Conservation in the Eastern Himalaya: Identifying Important Areas for Biodiversity Conservation. Kathmandu. ISBN 9993394009. 
  2. 2,0 2,1 Chettri, N., Bajracharya, B., Thapa, R. (2008). Feasibility Assessment for Developing Conservation Corridors in the Kangchenjunga Landscape. Páxinas 21–30 in: Chettri, N., Shakya, B., Sharma, E. (eds.) Biodiversity Conservation in the Kangchenjunga Landscape Arquivado 27 de maio de 2013 en Wayback Machine.. International Centre for Integrated Mountain Development, Kathmandu.