Kan Bahlam I

gobernante de Palenque

Kan Bahlam I ou Kan Balam I, nado o 18[1] ou 20 de setembro[2] de 524  e finado o 1 ou 3 de febreiro de 583, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque do ano 572 ao ano 583. É coñecido tamén como Chan Bahlum I en maia iucateco.

Infotaula de personaKan Bahlam I

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 524 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 583 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Ajaw de Palenque
6 de abril de 572 – 1 de febreiro de 583
← Ahkal Mo' Nahb IIYohl Ik'nal → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAhkal Mo' Nahb II Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu nome en lingua maia clásico significa Serpe Xaguar ó cal nalgúns glifos maias se lle engade o apelativo de k'inich que significa radiante como un elemento honorífico con referencia ó Deus Sol, é dicir K'inich Kan Bahlam I ou Radiante Serpe Xaguar. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.10.1.5 11 chickchan 13 chen, ascendeu ó trono o 9.6.18.5.12 10 eb 0 wo, equivalente ó 6 de abril de 572, cando tiña 47 anos de idade.[3]

É moi probable que sexa fillo de K'an Joy Chitam I[4] e irmán máis novo do seu antecesor no trono Ahkal Mo' Naab' II, quen morreu inesperadamente o 21 de xullo de 570. Antes de que Kan B'alam I ascendese ó trono rexístrase un período de 624 días de interregnum.[5] O seu reinado atópase descrito na parede oriental do Templo das Inscricións. É tamén referido no lado occidental do sarcófago de Pakal "o Grande", onde se pode ver a súa representación iconográfica en altorrelevo, distíndose polo seu glifo e polo seu tocado, o cal é parte serpe e parte xaguar.[6] Tras gobernar once anos, Kan B'alam morreu o 9.7.9.5.5 11 chikchan 3 kayab.[7]

Crese que a súa sucesora, Yohl Ik'nal, era a súa filla, aínda que tamén é posible que sexa a súa irmá.

Notas editar

  1. Florescano, 2009; 235
  2. Tiesler, 2004; 192
  3. Skidmore, 2008; 33
  4. Skidmore, 2008; 35
  5. Tiesler, 2004; 244
  6. Skidmore, 2008; 36 e 38
  7. Skidmore, 2008; 37

Véxase tamén editar

Bibliografía editar